Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Programa -Cos Pés na Terra- da Escola Eu Rural comezou o seu itinerario informativo e demostrativo

A Asociación de Desenvolvemento Eu Rural inicia o seu Programa -Cos Pés na Terra- no que se levarán a cabo diferentes accións de carácter instrutivo relacionadas co sector agrícola e forestal.

A Asociación de Desenvolvemento Eu Rural inicia o seu Programa -Cos Pés na Terra- no que se levarán a cabo diferentes accións de carácter instrutivo relacionadas co sector agrícola e forestal.

Fecha: 30 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Tras o acto de presentación do pasado 8 de agosto no Concello de Tomiño, o programa formativo "Cos pés na terra" inaugúrase esta última semana do mes de agosto coa primeira actividade do seu calendario, "Enxertos en plantas de verán", para a que as prazas de inscrición se esgotaron rápidamente. Este primeiro curso desenvólvese entre o Salón de Plenos do Concello de Tomiño e Viveiros Nilo, onde ten lugar a parte práctica.

Ao longo do que resta de ano e do primeiro trimestre do 2018, a ADR irá desenvolvendo o seu itinerario formativo con actividades e accións relacionadas co ámbito agrícola, forestal e agroalimentario. Entre as materias tratadas destacan por exemplo a preparación de solos e podas para especies froiteiras atlánticas, o control de pragas en cultivos, o uso eficiente da auga ou os enxertos en plantas de inverno. Buscando a promoción da actividade económica agrícola, estudaranse tamén ferramentas útiles para o emprendemento e nocións básicas de networking sobre vendas.

A maiores de todas estas accións teórico-prácticas, a programación complétase cunha visita a Asturias, onde as persoas participantes poderán coñecer de primeira man a xestión das especies froiteiras na Comunidade veciña.

Coa creación da "Escola Eu Rural", a entidade asociativa busca xerar unha ferramenta que permita dirixir e orientar accións e actividades de índole formativa para o desenvolvemento e a impulso do medio rural, onde se encadra o percorrido formativo "Cos pés na terra".

Todas as accións terán lugar gracias á promoción da ADR MAIV - Baixo Miño e á financiación ao 75% polo FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 - 2020, e contan coa colaboración do Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM. "Cos pés na terra" é un Programa que persigue fomentar o desenvolvemento do medio rural por medio da información e da sensibilización en materia agrícola, e está dirixido a tódalas persoas interesadas do territorio que poden facer as súas pre-inscricións a través da páxina web da ADR Eu Rural, www.eurural.org .
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones