Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Programa Cultura no Camiño aterra no Rosal este xoves día 22 de agosto

O día 22 de agosto en San Xián, o Concello do Rosal, acolléndose ao programa Cultura no Camiño, organiza dous días con espectáculos para todas as idades que combinan circo de rúa e música.

O día 22 de agosto en San Xián, o Concello do Rosal, acolléndose ao programa Cultura no Camiño, organiza dous días con espectáculos para todas as idades que combinan circo de rúa e música.

Fecha: 22 de Agosto de 2019

Fuente: Concello do Rosal

Os días 14 e 22 de agosto, en Portecelo e San Xián respectivamente, o Concello do Rosal, acolléndose ao programa Cultura no Camiño, organiza dous días con espectáculos para todas as idades que combinan circo de rúa e música.

O día 14, na explanada de Portecelo:

Ás 20:00 actuarán os Monifates. Os Monifates son un dúo conformado por un músico e un artesán que confecciona os instrumentos empregados nas actuacións. O eixo central do seu espectáculo de rúa está formado por unha gaita tradicional, bombo e zanfona, intercalando entre as melodías outros artiluxios coma o pínfano, punteiros, gaita tumbal do século XIX, diversa instrumentación de percusión coma culleres, castañolas de peito, táboa de lavar, etc.Todo iso sen esquecer á parella de bailaríns que os acompaña, dous títeres de táboa.


Ás 21:00 actuará Sue Moreno. Sue Moreno é unha actriz, trapecista e bailarina que no seu espectáculo mestura técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, todo iso empregando unha estrutura de 6 metros de alto e tomando o humor como partitura. A historia que nos relata preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar traballo, vida e maternidade, e amosando as mil caras desa etapa desde un punto de vista divertido, tenro e, nalgúns intres, absurdo.


O día 22, en San Xián:

Ás 20:00 actuará Circanelo. Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia, é espontaneidade, sorpresa e diversión, entusiasmo, tenrura e enxeño. É unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo a toda costa.


Ás 21:00 actuará Pepe Vaamonde Trío. Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical. O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno de foliada.

Coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones