Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O programa de maiores en Tomiño remata a súa actividade anual cun concurso de postais de Nadal

As persoas que asisten regularmente realizan accións destinadas ao mantemento físico e cognitivo e á integración social

As persoas que asisten regularmente realizan accións destinadas ao mantemento físico e cognitivo e á integración social

Fecha: 22 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Coa entrega de premios dun concurso de postais de Nadal, remataron as actividades levadas a cabo no 2016 dentro do Programa de Maiores da Concellalía de Servizos Sociais de Tomiño, en colaboración co centro de persoas con discapacidade "Vontade" e COGAMI.

Á celebración asistiron os usuarios e usuarias do citado programa, os do centro de Día e os da residencia privada de Tomiño. Na oportunidade estiveron acompañados pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, as que fixeron entrega dos premios e deron os seus parabéns aos gañadores do concurso de postais de Nadal: Elena Tato Dominguez (SADi Tomiño); Avelino Vicente Bouzada (Programa de Maiores do Concello de Tomiño) e Alvino Fernández Vidal (Residencial Tomiño).

A rexedora local agradeceu a todas as persoas maiores a vontade e o esforzo de asistir ás actividades organizadas polo Concello, salientando a importancia de manterse activo, cognitiva, física e socialmente. "Tratamos de mellorar as capacidades cognitivas dos usuarios co fin de mellorar a súa calidade de vida. Por outra banda, estes talleres funcionan coma un espazo de ocio e distracción, no que se fomenta a relación interpersoal e o traballo en equipo", explicou a alcaldesa.

Logo dos premios houbo roscón e sidra sen alcohol e cancións tradicionais.

 


Datos do programa de maiores

O programa de maiores da Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, organiza unha serie de actividades gratuítas, co fin de promover o envellecemento activo da poboación.


Tres grandes liñas de traballo forman parte do programa levado adiante polo Concello coa colaboración das entidades para persoas con discapacidade Vontade e COGAMI, e gabinetes pedagóxicos, que permiten ás persoas de idade avanzada manter áxil as áreas cognitiva, física e social.


O obradoiro "Activa a túa mente", ten coma finalidade estimular e manter as capacidades mentais e retardar o avance de enfermidades neurodexenerativas. "Tratamos de mellorar as capacidades cognitivas dos usuarios, e ademais, estes talleres funcionan coma un espazo de ocio e distracción "no que se fomenta a relación interpersoal e o traballo en equipo, logrando reducir os niveis de ansiedade e depresión", explica a psicopedagoga Bibiana Álvarez.


Actividades relacionadas coa linguaxe, exercicios de vocabulario, frases e refráns, lectura, etc., intercálanse coa resolución de problemas da vida diaria, xogos de cálculo mental, sudokus, tarefas para exercitar a atención, a concentración, a memoria, a planificación, etc.


A metodoloxía que se emprega tenta ser o máis dinámica posible, buscando a participación e a integración de todos os asistentes.


"Dende o comezo da actividade, a melloría que se notou nos usuarios do taller é asombrosa, tanto no seu nivel cognitivo persoal coma na integración grupal que se alcanzou", asegura Bibiana Álvarez.


Por outra banda, os maiores realizan diferentes exercicios de "movemento terapéutico". A idade e patoloxías dos participantes non é un problema, xa que o nivel de esforzo está regulado e adaptado ás capacidades de cada quen.


Movemento das articulacións, exercizos de coordinación, psicomotricidade , reforzo da musculatura, axilidade, equilibrio, e forza son outras actividades físicas que tamén se realizan dentro do programa municipal.


Por último, dentro da denominada "educación non formal", desenvólvense actividades para fomentar a integración e participación social, proporcionando recursos e estratexias que permitan un desenvolvemento individual equilibrado. Con este fin, organízanse obradoiros manipulativos (masa de sal, flores de papel reciclado) xogos populares, pasatempos, roteiros e saídas; visitas culturais, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí