Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O programa de reforzo escolar -é aprender- pecha a súa cuarta edición con boa nota en Tomiño

O Concello aposta pola educación con outras accións, coma os cursos da ESO, de informática, AFD para desempregados/as, fitosanitarios e actividades extraescolares solidarias

O Concello aposta pola educación con outras accións, coma os cursos da ESO, de informática, AFD para desempregados/as, fitosanitarios e actividades extraescolares solidarias

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A cuarta edición do programa de reforzo escolar gratuíto "É Aprender", impulsado desde o Concello, chegou ao seu fin con bos resultados.Coordinados pola mestra Silvia Loureiro e voluntarios, máis de cincuenta estudantes de Primaria e ESO, desenvolven ás súas capacidades e destrezas, ao tempo que atopan motivación no estudo.

O programa "É Aprender" un proxecto educativo integral, pioneiro, que foi premiado por UNICEF no 2014 no VII Certame de Boas Prácticas. Un programa de reforzo escolar no que participan (en total) uns 50 alumnos de 5º e 6º Primaria e primeiros cursos da ESO, que estreou este curso metodoloxía e ideas.

Impártese de luns a xoves en seis lugares diferentes: no Centro Social de Estás, Casa Cultural de Currás, Casa Cultural de Santa María de Tebra, OMIX de Tomiño, Escola Obradoiro de Goián e pavillón de Barrantes, dúas horas á semana en cada espazo.

É de salientar neste sentido, que o programa "É Aprender" conta ademais cun servizo de apoio psicolóxico, subvencionado polo Concello, para aqueles alumnos e alumnas con dificultades de aprendizaxe ou adaptación, e polo que pasaron máis de 20 nenos e nenas durante todo o curso.

Durante o acto de clausura deste curso escolar, Silvia Loureiro, fixo un balance positivo, indicando que "a maioría dos nenos e nenas veñen contentos e melloraron o seu rendemento académico, ademais de tratar en clase temas de actualidade que poden afectarlles, coma o bullying, os trastornos alimenticios, etc.".

Xornal educativo
O acto de clausura, que contou coa presenza da alcaldesa, Sandra González, aproveitouse para facer a presentación oficial dun xornal no que o alumnado traballou durante este curso.
Carmen e Ana, de 1º da ESO, por exemplo, foron as encargadas de exercer de xornalistas ante a xefa de estudos do IES de Tomiño, á que entrevistaron. A mesma tarefa desempeñaron por un día Alejandra, Alín e Ari, todas de 5º de Primaria do colexio de Goián, que entrevistaron á directora do centro, xunto a Claudia, que fixo as fotos.
Lucas, 1º da ESO, realizou debuxos, chistes e sopa de letras.

Outras accións formativas
Ao programa "É Aprender", súmanse varias accións educativas máis, destinadas a persoas con diferentes idades e nivel de estudos, como é o caso dos cursos para o Graduado en ESO; os cursos AFD para desempregados/as; a Aula Cemit, con distintos cursos de informática, os cursos de fitosanitarios e as actividades extraescolares solidarias dentro e fora do horario lectivo.

En canto a infraestruturas relacionadas coa mellora educativa, figuran a nova escola infantil de Goián, con 61 prazas de 0 a 3 anos; a futura biblioteca e a ampliación do CEIP de Sobrada, con tres novas aulas de Infantil.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí