Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa -Depo ruarte- achega en setembro máis de 20 actividades para mozos e mozas da provincia

Deputación ten en marcha este pioneiro programa de dinamización xuvenil para achegar propostas de lecer que atendan as demandas actuais da mocidade

Deputación ten en marcha este pioneiro programa de dinamización xuvenil para achegar propostas de lecer que atendan as demandas actuais da mocidade

Fecha: 30 de Agosto de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Durante a primeira quincena de setembro, o programa "Depo Ruarte", posto en marcha pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai desenvolver máis de 20 actividades en outros tantos concellos da provincia para mozos e mozas. Trátase de propostas de lecer que atenden as demandas actuais da xuventude, servindo ademais de espazos de encontro e intercambio de experiencia para todos e todas as participantes.

En Campo Lameiro vaise desenvolver o curso "Curtametraxes co móbil"; en Catoira "A Cociña da Avoa"; en Cotobade "Cociña en Verde"; en Covelo "Graffiti", ao igual que en Cuntis; en Fornelos de Montes "Curtametraxes co móbil"; no Grove "Monólogos na rúa"; en Lalín "Graffiti"; en Meaño "Coctelería e batidos sen alcohol"; nas Neves "Sobre rodas"; en Nigrán "Graffiti"; en Pazos de Borbén "Coctelería e batidos sen alcohol"; en Ponte Caldelas "O mundo no prato"; no Porriño "Graffiti"; en Rodeiro "O mundo no prato"; no Rosal "Coctelería e batidos sen alcohol"; en Salceda de Caselas "O teu corpo: un instrumento"; en Sanxenxo "Curtametraxes co móbil", ao igual que en Soutomaior; en Vila de Cruces "Coctelería e batidos sen alcohol"; en Vilaboa "Hip-hop"; e por último, en Vilagarcía de Arousa "A cociña da avoa".

Os mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, interesados en algunha destas actividades deben inscribirse no concello correspondente, podendo facelo aínda que non estean empadronados. No caso de quedaren prazas libres, tamén se poderán anotar persoas de fóra dese rango de idade.

As actividades ofertadas en "Depo Ruarte" agrúpanse en cinco bloques temáticos, acordes coas preferencias e gustos da mocidade actual. Trátase de MusicArte, RuArte, UrbanArte, CreArte e CociñArte. Dende o pasado mes de xuño e ata mediados de setembro, mozos e mozas da provincia poden participar, por exemplo, en actividades como graffiti, monopatín,, break dance, cociña de doces, funky ou monopatín. "Depo Ruarte" é un programa de dinamización xuvenil para achegar actividades de lecer que atendan as demandas da xuventude actual, ofrecéndolles ademais así espazos de encontro e intercambio de experiencias para a xuventude. A Deputación inviste nesta iniciativa 98.570 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones