Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PROGRAMA LEADER CHEGA AO SEU FIN CON MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS CONCEDIDOS EN AXUDAS A PROXECTOS NO RURAL

O programa Leader incentivou a dinamización do tecido empresarial favorecendo o investimento privado e máis de 400 postos de traballo.

O programa Leader incentivou a dinamización do tecido empresarial favorecendo o investimento privado e máis de 400 postos de traballo.

Fecha: 30 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) MAIV- BAIXO MIÑO pechou a convocatoria dos fondos europeos do Programa Leader 2007/2013. Este Grupo de Desenvolvemento Rural foi premiado pola Axencia Galega de Desnvolvemnto rural (AGADER) en xaneiro do 2014 con 3 millóns de euros máis pola seu eficaz labor desenvolvida dende a súa creación no ano 2007. Prórroga que acaba de chegar ao seu fin pechando dita convocatoria.

O fondos do Programa Leader foron destinados a proxectos empresarias, ambientais e de dinamización nos quince concellos do territorio da área intermunicipal de Vigo e o Baixo Miño.

Dos 250 expedientes presentados, 136 foron aprobados conlevando a un investimento total de 19.137.952, 71€ grazas ao Programa Leader. Este investimento acadou a cifra de 5.831.941,87€ de fondos públicos e 13.306.010,84€ de investimento privado. Esta inxección de capital permitiu consolidar e crear proxectos empresarias de diversa índole dirixidos a dinamizar o rural.

O programa Leader fixo realidade a 21 proxectos executados por Comunidades de Montes como o da Comunidade de Montes de Couso coa plantación de cogumelos shiitake. Tamén as entidades públicas se beneficiaron nas súa inicativas xerando sinerxias empresarias. Foron 9 os proxectos executados por concellos entre os que atopamos a senda do río Miño levada a cabo polo Concello de Tomiño. Ademáis, 8 iniciativas promovidas por entidades sen ánimo de lucro foron levadas a bo porto consolidando actividades de benestar social como o Centro da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade situado en Tomiño.

Pero son as iniciativas de execución de sociedades mercantís as que máis proxectos protagonizaron na recén pechada convocatoria dos Fondos Leader. Un total de 32 proxectos que teñen contribuido a modernizar empresas xa creadas e a ampliar a súa competitividade en tempos de crise como foi o sector do viveirismo de planta ornamental como o proxecto levado a cabo por Viveiros Rio Tollo.
O pequeno empresario tamén contou co acceso aos fondos beneficiándose 9 proxectos de empresarios autónomos aos que engadimos a maiores 2 iniciativas promovidas por sociedades de base mutualista.
O resultado foi a creación de iniciativas de emprendemento no rural xeradores do desenvolvemento e posta en valor do noso rural. Tamén empresas xa creadas puideron consolidar os seus postos de traballo grazas ao investimento na ampliación e diversificación das súas actividades. O obxectivo do programa concretouse na dinamización e desenvolvemento endóxeno e sostible no territorio da área intermunicpal de Vigo e o Baixo Miño. Nesta meta proxectos non produtivos de mellora ambiental como a sendas e do contorno do rural así como a implantación de servizos para a poboación rural como o Centro da Asociación Vontade.

A presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) MAIV- BAIXO MIÑO e alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González Álvarez, felicitou en nome da directiva, ao equipo técnico pola "extraordinaria xestión ao longo destos anos". A Presidenta ademáis sinalou "o impacto destes investimentos no rural que permitiron un desenvolvemento sostible creador de empregos con solidez a longo prazo".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones