Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O programa Reactívate regresa a Tomiño cunha morea de actividades para o envellecemento activo

As persoas interesadas poden xa inscribirse de xeito presencial, a través da web ou chamando ao teléfono 986 622 001

As persoas interesadas poden xa inscribirse de xeito presencial, a través da web ou chamando ao teléfono 986 622 001

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tras dous anos de pandemia e de extremar as precaucións sanitarias, o Concello de Tomiño retoma este outono o programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que busca mellorar a calidade de vida, promover as relacións sociais e a autonomía persoal entre as persoas maiores de 55 anos a través dun enfoque multidisciplinar.

Trátase dun programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade da vila, ofrecendo “un completo plan de actividades que lles poida resultar interesante á vez que útiles para a súa vida cotiá”, salienta a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez. Así, as e os participantes poderán gozar de obradoiros de memoria, de talleres de creación artística, cinefórum, roteiros, obradoiros de conservación da memoria histórica, ioga, risoterapia ou sesións de relaxación, entre outras propostas. “Buscamos actividades que lles sexan atractivas e que lles axuden a seguir en activo, que os anime a saír do seu fogar e a relacionarse con máis xente da súa idade pero tamén máis nova”, recalca a edil.

O programa de actividades comezará no mes de outubro e rematará en xuño de 2023 e terá un custo de 20 euros ao mes. As sesións desenvolverase dous días á semana, martes e venres, en horario de mañá (de 10.30 a 13.00 horas) nas instalacións da Asociación Vontade. En total serán 5 horas de actividades semanais nas que se abordarán da man de diferentes profesionais as áreas cognitiva, socioeducativa e física para mellorar a súa saúde e calidade de vida e manter as diferentes habilidades cognitivas conservadas o maior tempo posible.

Dende o Concello anímase a todas as persoas maiores do municipio a participar neste programa para conseguir un envellecemento activo. As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse de forma presencial, a través da páxina web do Concello ou chamando ao teléfono 986 622 001.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí