Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE pon todo o seu músculo electoral na provincia máis socialista de Galicia ao servizo do obxectivo de recuperar a Xunta para a cidadanía

A Comisión Interparlamentaria provincial socialista coordina o traballo a pé de territorio dos 3 deputados en Cortes, a senadora, o europarlamentario, os 5 deputados autonómicos e os 9 provinciais

A Comisión Interparlamentaria provincial socialista coordina o traballo a pé de territorio dos 3 deputados en Cortes, a senadora, o europarlamentario, os 5 deputados autonómicos e os 9 provinciais

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Septiembre de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

Coordinar e intensificar a acción dos deputados e deputadas socialistas nas distintas Administracións co obxectivo de “poñer todo o músculo da provincia máis socialista de Galicia” ao servizo do obxectivo de reconquistar a Xunta de Galicia cando se celebren Eleccións Autonómicas, é o principal acordo da Comisión Interparlamentaria provincial, reunida en Vigo, con presencia de tódolos deputados e deputadas socialistas nas distintas Administracións.

A Interparlamentaria, convocada polo secretario xeral provincial, David Regades, está formada polos 3 deputados/as en Cortes, a senadora, os cinco deputados/as autonómicos/as, os 9 deputados/as provinciais e un europarlamentario. “Somos unha organización cunha forte presencia en tódalas institucións porque así o quere a cidadanía desta provincia, que nos reafirma coa súa confianza en cada cita electoral, e isto é algo que imos aproveitar ao máximo”.

David Regades fixo balance das últimas Eleccións Xerais do pasado 23 de xullo, nas que se produciu unha clara vitoria progresista na provincia de Pontevedra sustentada a partir do empate a 3 deputados/as entre o Partido Socialista e o Partido Popular. “Para facerse unha idea da importancia deste resultado baste recordar que o PSOE ten 4 deputados/as no resto de Galicia, mentres que o PP ten 10; o 40% da representación socialista galega no Congreso sae de Pontevedra”, destacou. “Hai que aproveitar a fortaleza do PSOE en Pontevedra porque é o momento de apartar ao PP do Goberno galego”.

 

O “funeral” de Feijoo

Regades afirma que ve a Rueda “nervioso e despistado” e cometendo errores de vulto como o recente acto do PP Castelo de Soutomaior “que acabou convertido, diante das televisións de toda España, no funeral político de Núñez Feijoo”. “O Partido Socialista desta provincia ten claro que o noso obxectivo é recuperar a Xunta de Galicia, pero non para nós, senón para os galegos e galegas”.

O secretario xeral afirmou tamén que a provincia de Pontevedra vai ser decisiva, “unha vez que acabe este mes de setembro, que a Feijoo estáselle a facer moi longo”, para pelexar pola investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. “Unha vez que se constate o fracaso cara o que o PP se dirixe con paso firme”, o socialismo desta provincia porá da súa parte para que continúe o Goberno progresista en España. Regades engadiu que os 3 deputados/as pontevedreses/as terán, por tanto, moito peso no hemiciclo tanto na investidura como na lexislatura.

Finalmente, a Comisión Interparlamentaria fixo un reparto do traballo tanto por comarcas como por áreas temáticas de tódolos deputados nacionais, autonómicos e provinciais “porque hai moitos frontes que defender diante dun PP que, cada vez que goberna, non pode reprimir os seus desexos instintos de castigar á veciñanza dos concellos que non lle outorgou a súa confianza”. “Non imos tolerar ataques, discriminacións ou esquecementos en ningunha parte da provincia e todos e cada un dos veciños e veciñas deben saber que poden contar con nós”, concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí