Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSOE de Tomiño vota en contra dos Orzamentos

O 26 de Decembro de 2019, Tomiño celebrou o derradeiro pleno ordinario do ano.

O 26 de Decembro de 2019, Tomiño celebrou o derradeiro pleno ordinario do ano.

Fecha: 30 de Diciembre de 2019

Fuente: PSOE Tomiño

O 26 de Decembro de 2019, Tomiño celebrou o derradeiro pleno ordinario do ano. Nel debateuse o proxecto de orzamento municipal para 2020. O Grupo Socialista, trasladou a sua queixa ao considerar que nestas datas, coa Interventora de vacacións e con moi pouco marxe para estudar a documentación polo miudo, este Goberno demostra ter moi pouco talante democrático e ninguna empatía coa Oposición.

O voto das Concelleiras Socialistas foi en contra deste orzamento pois creen que está alterado ao incluir nel subvencións outorgadas pola Deputación de Pontevedra e Agader que suman perto de 500.000 euros. Polo tanto consideran que é irreal , continuista, non solidario e que fomenta a desigualdade entre os veciños e veciñas dependendo de donde vivan.

Os investimentos reais en servicios tan importantes como o saneamento ou o abastecemento de auga son claramente insuficientes e incoherentes coa defensa e posta en valor das traídas de augas, que os nacionalistas declaran na prensa.

O noso convecemento é que non se trata de gañar una carreira para ver que concello aproba antes esta ferramenta , se non que ten que ser útil e dar respostas ás verdadeiras demandas da veciñanza.

As Concelleiras Socialistas votaron a favor da proposta de participación no pacto de Alcaldes e Alcaldesas polo clima e a enerxía e tamén, como non podía ser doutra maneira, na moción presentada polo Centro San Xerome Emiliani instando a Xunta de Galicia a que normalice a situación de dous usuarios.

No eido da Cultura, Violeta De Santiago e Mirta Misa apoiaron a colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e aproveitaron para voltar a pedir que se achegue a cultura as parroquias, petición non atendida polo goberno do B.N.G., argumentando que a centralización é mais eficiente.

Preguntaron por qué non se activou o Plan Municipal de Emerxencias nestas últimas grandes borrascas, pola situación actual da gasolinera de Sobrada, polo estado ruinoso do pantalán de Sobrada, dende hai máis de seis meses. E rogaron que a Cabalgata de Reis sexa respetuosa co medio ambiente e teña en conta aos nenos e nenas que padecen algunha alerxia. Por outra banda a Agrupación Socialista de Tomiño quere desexar un feliz, próspero e ventureiro ano 2020 a todas e todos os Tomiñeses e transmitir a nosa ilusión e compromiso por facer un Tomiño máis igualitario. Un Tomiño mellor!
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones