Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O RÍO MIÑO PRESENTA A SÚA CANDIDATURA AOS FONDOS EUROPEOS PARA INVESTIR 7,5 MILLÓNS DE EUROS NO TERRITORIO TRANSFRONTEIRIZO

O deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra Uxío Benítez destaca a necesidade de unión dos gobernos da raia para convertir o Miño nun destino ecoturístico de excelencia

O deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra Uxío Benítez destaca a necesidade de unión dos gobernos da raia para convertir o Miño nun destino ecoturístico de excelencia

Fecha: 23 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O río Miño debe ser un destino ecoturístico de excelencia e darase a coñecer a partir de agora dende unha marca turística transfronteiriza única. Esa é a proposta da candidatura presentada polos concellos da 'raia' a través da Deputación de Pontevedra e da CIM Alto Minho portuguesa á primeira convocatoria europea do programa INTERREG V A -POCTEP. Preténdense investir máis de 7,5 millóns de euros de fondos da UE para traballar na posta en valor da área de forma conxunta entre as administracións locais de ámbolos dous países.
O prazo de entrega das candidaturas ao programa INTERREG V A finaliza hoxe venres, se ben todas as accións concretas da proposta galego portuguesa 'Visit Río Miño' (como se denomina oficialmente) serán presentadas ao público o vindeiro 13 de febreiro nun acto cargado de simboloxía. Esta data foi escollida por ser o aniversario da firma do Tratado de Lisboa de 1668, que puxo fin á guerra de separación de Portugal e recoñeceu a independencia do país veciño fronte á coroa española. "Hai moitos anos un día como o 13 de febreiro houbo unha separación, mais hoxendía os concellos da raia estamos a traballar conxuntamente para mellorar todas as nosas potencialidades ", asegurou o deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez. Así mesmo, sinalou tamén que "a cooperación transfronteiriza neste territorio non é unha cuestión de necesidade, senón unha condición natural para o seu desenvolvemento socioeconómico e un dos piares do seu posicionamento estratéxico".

Obxectivo: o turismo internacional
Dentro do concepto 'Dous países e un destino' e seguindo a premisa de que o val do Miño transfronteirizo incorpora moitas potencialidades, o proxecto presentado pretende traballar a partir dunha marca (Río Miño) forte e competitiva, e estruturar unha oferta turística a través de actividades conxuntas que, ademais, implicarán unha maior preservación dos espazos naturais.


Na candidatura, o río Miño transfronteirizo é presentado como un dos territorios máis interesantes a nivel europeo por ser a zona de fronteira con maior porcentaxe de área protexida e clasificada en todo o territorio estatal, así como tamén unha das maiores da Europa. Sublíñase que o río Miño está bastante consolidado no mercado nacional como destino, se ben o desafío que agora se presenta é "ser capaces de aportar un valor engadido ao nivel internacional".

Accións específicas ata 2019
A presente candidatura desenvólvese en catro actividades complementarias con accións específicas que se executarán ata o 31 de decembro de 2019. O investimento global de todas as actuacións concretas ascende aos 7,5 millóns de euros, cunha achega do 75% de fondos comunitarios.


O fundamental da proposta para o Interreg é estruturar e consolidar a marca 'Río Miño' a través da elaboración dun plano estratéxico de marketing territorial. Esto executarase en primeiro lugar na defensa do proceso de candidatura do estuario do río Miño a paisaxe cultural UNESCO con eventos de promoción interna e externa.


A segunda actividade versará sobre a preservación e interpretación do patrimonio natural transfronteirizo tratando de mellorar o seu coñecemento, os recursos naturais e os novos modelos de turismo verde na rede de espazos naturais tanto de montaña como de río.


En terceiro lugar sitúase a valorización conxunta dos recursos económicos do Río Miño. Procurarase o desenvolvemento do produto turístico transfronteirizo baseado no patrimonio natural e cultural, a posta en valor do produto da pesca e a creación de estruturas de apoio ás actividades promovidas polas empresas de animación.
Por último, traballarase na cualificación e posta en valor da rede de percorridos transfronteirizos a través de modelos de sinalización de rutas transfronteirizas e de pequenas intervencións co obxectivo de vertebrar o espazo común e a rehabilitación do patrimonio natural e cultural do río Miño.


Unimiño, entidade encargada de coordinar a proposta da candidatura, ten como socios á Deputación de Pontevedra ( representante dos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente), así como á CIM Alto Minho (cos municipios de Paredes de Coura, Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monção e Camiña), á Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, ao Centro Tecnolóxico del Mar e á Universidade de Vigo.


O reaproveitamento e a valorización do río Miño é un tema que, hai xa varios anos, suscita a preocupación e o interese de diversas entidades de Galiza e o norte de Portugal e que levou, o 10 de marzo de 2015, á subscrición do Pacto do Río Miño Transfronteiriço. Según subliñou Uxío Benítez, "a presentación da candidatura Visit Rio Miño xorde como reforzo e concreción dun conxunto de vontades dinamizadoras, entre as que está a da Deputación de Pontevedra, cun denominador común que é o treito internacional do río Miño".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones