Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal amplía o seu programa de compostaxe doméstica co apoio de Sogama

A empresa pública dotou ao ente local cunha nova partida de 28 composteiros de 350 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables.

Desta forma xa son preto de 200 os recipientes aportados pola compañía desde o ano 2014, facendo posible que outros tantos fogares participen no sistema.

Fecha: 05 de Abril de 2018

Fuente: Sogama

Dada a excelente acollida que o programa de compostaxe doméstica impulsado polo concello pontevedrés de O Rosal tivo entre a súa veciñanza, o goberno local decidiu dar outro impulso a esta iniciativa coa dotación de novos composteiros.

Con tal fin, formalizou unha nova colaboración con Sogama  a través da cal a compañía cedeu ao concello 28 novos recipientes (de 350 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables) para que sexan distribuídos entre outras tantas vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horta ou xardín) no que aplicar o compost resultante.

Desde o ano 2014, e ata o día de hoxe, a Sociedade Galega do Medio Ambiente entregou en O Rosal preto de 200 composteiros, permitindo que igual número de fogares participen nesta iniciativa e contribúan a alcanzar os beneficios derivados da mesma.

BONDADES AMBIENTAIS, ECONÓMICAS E SOCIAIS

Neste sentido, e desde a dimensión ambiental, cabería sinalar que, reciclando a materia orgánica en orixe, que vén supoñer en torno ao 42% dunha bolsa de lixo tipo, resulta posible diminuír a frecuencia de recollida e transporte do residuo xenérico, coa conseguinte redución de emisións de CO2 á atmosfera. Ademais, ao entregar menos residuos á empresa pública, minórase o importe da factura a pagar polo concello, sen esquecer as bondades sociais do sistema, xa que se recupera unha práctica tradicional no rural galego, como é

a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost. Ademais, ao separar a fracción orgánica, mellora a selección do resto dos materiais, propiciando igualmente unha menor frecuencia dos desprazamentos que a poboación debe facer ata os contedores de recollida selectiva ubicados nas vías públicas, toda vez que o papel/cartón, os envases e o vidro poden almacenarse varios días nas casas sen riscos de cheiros.

O seguimento do programa realízao directamente o persoal da área de Medio Ambiente do concello, que visita periodicamente cada unha das casas incorporadas ao sistema para comprobar o estado do composteiro, a técnica aplicada, solventar dúbidas, corrixir erros e levar a cabo labores de asesoramento. O obxectivo último desta minuciosa tarefa é que os veciños logren transformar a materia orgánica en compost e que este abono natural substitúa aos fertilizantes químicos e cumpra con todos os requisitos impostos pola normativa vixente e a súa aplicación na agricultura non estea suxeita a restricións.

A formación dos participantes corre igualmente a cargo da Concellería de Medio Ambiente do ente local, que conta con profesionais expertos na materia.

Ademais, Sogama puxo a disposición dos interesados unha páxina web específica www.compostaconsogama.gal, na que estes poderán facerse con diversos recursos didácticos e divulgativos cos que conseguirán mellorar o seu labor no ámbito da autocompostaxe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones