Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Rosal aproba en Pleno a proposta en relación á situación das prazas no centro de adultos da Asociación San Xerome emiliani

Acordouse reclamar da Consellería de Política Social unha solución á cuestión plantexada na exposición de motivos, dado que é o organismo competente e coa capacidade económica para facelo.

Acordouse reclamar da Consellería de Política Social unha solución á cuestión plantexada na exposición de motivos, dado que é o organismo competente e coa capacidade económica para facelo.

Fecha: 30 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello do Rosal

Desde o Concello queremos mostrar o compromiso coa Asociación San Xerome Emiliani da Guarda, que realiza actividades con alumnado con necesidades específicas e discapacidade intelectual, e cos seus usuarios e usuarias, polo que no pleno ordinario celebrado este xoves 28 de novembro aprobouse por unanimidade a proposta que se expón a continuación. Cabe destacar que de xeito acordado na Comisión informativa de asuntos plenarios celebrada previamente ao pleno acordouse por todos os grupos políticos presentala como unha proposta conxunta no pleno.

"Estimados veciños e representantes políticos de O Rosal dende a Asociación S. Xerome Emiliani de A Guarda nos diriximos a vostedes para poñer de manifesto unha situación gravísima pola que dúas persoas, Oscar e Sandra, con especiales dificultades de desenvolvemento e despois de ter estado mais de dez anos no Centro Educativo S. Xerome Emiliani se ven obligados a quedarse nas súas casas dende setembro de este ano por non dispoñer de praza no Centro de Adultos de esta Asociación.
Oscar e Sandra son persoas con discapacidade intelectual que teñen grandes necesidades de apoio e a súas especiales dificultades de desenvolvemento lles impiden levar unha vida normal de maneira autónoma.
En S. Xerome viven en un ambiente normalizado onde participan de actividades inclusivas, estimulantes e atractivas para eles; se relacionan cos seus amigos e teñen a posibilidade de desenvolver os seus intereses persoais, Sociais e intelectuales independentemente dos apoios que necesiten.
Por outra banda as súas familias, especialmente as súas nais, son cuidadoras 24 horas de 24 e 365 días o ano das que 8 horas diarias, nas que os seus fillos estaban no Centro S. Xerome, eran as únicas das que dispoñían para descansar, cuidarse e traballar.
En este momento no S. Xerome hai plazas dispoñibles, que poderían ocupar Sandra e Oscar de non ser por temas burocráticos e de financiación que debe de resolver a Administración- Xunta de Galicia.
Pedímosvos a todos os que sexades sensibles a esta situación o voso apoio a esta moción para, unha vez mais, acudir aos nosos representantes políticos na Xunta de Galicia para que resolvan de maneira urxente esta situación tan delicada e que non se atén a dereito."

Por todo o anteriormente exposto, acordouse reclamar da Consellería de Política Social unha solución á cuestión plantexada na exposición de motivos, dado que é o organismo competente e coa capacidade económica para facelo.

Así mesmo, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, como presidenta da Mancomunidade do Baixo Miño e de xeito acordado con todos os alcaldes e alcaldesas dos Concellos da Mancomunidade, Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e o Centro San Xerome Emiliani, ven de solicitar unha reunión conxunta coa Conselleira de Política Social en relación coa cuestión plantexada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí