Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal continúa dando pasos cara a reforma integral do seu mercado municipal

Luz verde este xoves á nova ordenanza fiscal e reguladora da praza de abastos

Luz verde este xoves á nova ordenanza fiscal e reguladora da praza de abastos

Fecha: 28 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa dando pasos para a mellora da praza de abastos. Este xoves o Concello aprobaba en pleno por unanimidade a nova ordenanza fiscal e reguladora do mercado, xa que “unha reforma integral do mercado municipal require tamén unha actualización e ordenación da situación a nivel de funcionamento que reverterá nun maior beneficio social”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Deste xeito, o pleno deu luz verde á modificación das taxas de ocupación e uso do mercado municipal de abastos, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2022, e aprobou a ordenanza que regula a actividade comercial que se desenvolve na praza de abastos e a concesión da explotación dos distintos postos.

Esta nova ordenanza recolle o espírito do mercado do Rosal, que se reformará integramente para convertelo en centro de dinamización económica e social do núcleo urbano, fomentando a compra de produto local de proximidade e promovendo actuacións que fagan o comercio máis atractivo e competitivo e que sirva como motor de tracción para novas actividades comerciais na contorna. Este regulamento, que entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no BOP, establecerá “un novo marco de relación entre o Concello e os titulares de todos os puntos de venda deste mercado municipal para facilitar a xestión deste servizo público en beneficio da veciñanza”, explicou a rexedora.

Tres mocións conxuntas

O pleno aprobaba tamén por unanimidade tres mocións conxuntas, presentadas inicialmente na Comisión Informativa polo BNG, relativas ao transporte ferroviario, ao apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública e ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Así, co gallo do 25 de novembro, o pleno levantou as mans en sinal de loita contra esta lacra e aprobou tamén unha serie de acordos para dar resposta integral aos problemas xerados pola violencia de xénero, agravados en plena pandemia da COVID-19. Deste xeito, ademais de rexeitar calquera acto de violencia contra as mulleres no marco do fomento dunha cultura da igualdade e do respecto á diversidade, o Concello comprométese a traballar para incorporar a perspectiva de xénero de forma integral en todas as decisións que se adopten e a colaborar activamente na creación e dotación de medios dunha rede de entidades e comprometidas coa igualdade.

Xunto con estas medidas, o Concello do Rosal reclama ao goberno autonómico que destine como mínimo no 1% do total dos orzamentos de 2021 á loita contra a violencia e ao goberno estatal que modifique a lei actual avanzando nunha definición de violencia machista que supere o enfoque patriarcal e reducionista. 

Medidas concretas e contundentes contra a violencia contra as mulleres no ámbito laboral, a mellora dos puntos de encontro cando hai menores por medio ou mecanismos para manter a seguridade sanitaria son algunhas das iniciativas que reclama o Concello rosaleiro.

Ademais destas cuestións, o pleno abordou e aprobou por unanimidade o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Rosal, con medidas concretas para loitar contra o cambio climático e reducir as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro no municipio nun 40% ata 2030. Tamén se deu o visto e prace á ordenanza que regulará o servizo de préstamo de biotrituradoras, un servizo gratuíto que se porá en marcha en vindeiras datas para fomentar a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal entre a veciñanza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones