Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal desfila pola diversidade

Concello e CPI Manuel Suárez Marquier organizan este sábado 26 (22 h, Praza do Calvario) un acto lúdico con música, photocall e un desfile de moda con deseños do alumnado da ESO do centro

Concello e CPI Manuel Suárez Marquier organizan este sábado 26 (22 h, Praza do Calvario) un acto lúdico con música, photocall e un desfile de moda con deseños do alumnado da ESO do centro

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal e o CPI Manuel Suárez Marquier preparan unha xornada lúdica e festiva para amosar que “somos diversos e iso enriquece”. Con gallo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, este sábado 26 de xuño a Praza do Calvario converterase no epicentro de diferentes actividades coas que se busca visibilizar a loita en favor dos dereitos deste colectivo. Ás 22.00 horas comezará a soar música na praza para que os veciños e veciñas vaian achegándose e desfrutando dun photocall en forma de armario, das pulseiras co arco da vella que se repartirán entre o público ou das accións realizadas ao abeiro do Revolucionando Mentes do Concello ou do Proxecto VÍA.

Xa a partir das 22.30 horas os alumnos e alumnas de Plástica da ESO do CPI Suárez Marquier converteranse nos protagonistas cun desfile de moda nas que se amosarán os seus propios deseños. Tras todo un ano traballando en clase a evolución da moda, dende as súas orixes ata a actualidade, as rapazas e rapaces do CPI subirán á pasarela para amosar as súas propias creacións, dende accesorios ou prendas soltas ata pezas de vestiario completos. Non estarán sos, xa que no desfile tamén participarán creadores rosaleiros: Nerea Rodríguez, que presentará pezas de dúas das súas coleccións, e Adanegra, unha firma con deseños orgánicos e de estilo andróxino moi creativos.

O alumnado desfilará presentando as súas propias creacións, pero tamén contarán coa colaboración doutras 18 persoas de diferentes asociacións rosaleiras que se subirán á pasarela para lucir dos diferentes deseños.

A actividade conta tamén coa colaboración da Rede Educativa Apoio LGBTIQ+ de Galicia e do Proxecto VIA, unha iniciativa posta en marcha polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier co apoio do profesorado para visibilizar, informar e apoiar.

Como complemento a esta actvividade de conmemoración, un arco da vella xa cubre dende hoxe a Praza do Calvario.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí