Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal inaugura o domingo 25 unha das actividades do Programa Violencia Zero da Deputación de Pontevedra

Domingo 25 de novembro ás 12.45 h na Sala de Exposicións do Concello do Rosal

Domingo 25 de novembro ás 12.45 h na Sala de Exposicións do Concello do Rosal

Fecha: 16 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello do Rosal

100% contigo é un proxecto que visibiliza a contribución das mulleres do Rosal á súa comunidade.

No mes de xullo, durante a feira do viño e as festas parroquiais, Mar Caldas instalou un estudo fotográfico na praza principal da vila. Nesos contextos de festexo e conmemoración, invitaba ás mulleres a seren fotografadas individualmente ou en grupo, a modo de retrato de familia.

Co atrezo utilizado no retrato quería salientar o protagonismo social das mulleres e realzar a súa grandeza e dignidade: os sillóns de madeira nobre e veludo vermello do salón de plenos do Concello alzaban ás cidadás; enmarcábanas elegantes panos de fondo -tecidos de seda e brocados propios do traxe galego tradicional.

Despois de retratalas preguntáballes sobre os traballos desempeñados no presente e no pasado. Axiña revelouse a incidencia da emigración na comunidade de rosaleiras, especialmente a Suiza. Nas conversas suscitouse a cuestión daqueles traballos que non se consideran como tales polo nulo recoñecimento social e pola falta de remuneración; traballos dos que se esquece a súa existencia porque se dan por sentado, traballos que nin teñen nome: os labores relacionados coa leira, co fogar e co coidado de membros da familia.

Así recolectou case un centenar de facianas e relatos que conforman un retrato colectivo en feminino do Rosal. Un certo apunte antropolóxico xurde dun proxecto artístico no que utiliza recursos da fotografía popular -o estudo fotográfico ambulante, o dispositivo portátil- e da historia da pintura -a composición, a iluminación, a postura corporal.

Os retatos entrelázanse nunha proxección audiovisual, evocando os vínculos que se establecen entre as mulleres, os apoios que se prestan entre ellas nas súas contribucións ao sustento familiar, facilitando -ou mesmo posibilitando- o desempeño fóra de casa de traballos que sí son retribuidos.

A proxección acompáñase do recitado dos nomes das mulleres e dos traballos por elas exercidos. Esta recitación é feita por alumnas do Colexio Público Integrado do Rosal que así homenaxean ás súas predecesoras -algunhas delas mesmo son fillas ou netas das mulleres retratadas, as cales tamén colaboran na acción.

Mar Caldas é unha artista visual que traballa principalmente con fotografía e video.

Desde os anos 90, ten realizado numerosas exposicións individuais e colectivas en España e no estranxeiro.

No seu traballo artístico predominan temáticas como a visibilidade das mulleres, as relacións de dominación entre os xéneros, o valor da micro-historia ou as políticas da representación.

Máis info en: marcaldas.com

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones