Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal mantén a súa -Memoria viva-

O Concello presenta este venres 22 no auditorio municipal a segunda edición do proxecto

O Concello presenta este venres 22 no auditorio municipal a segunda edición do proxecto

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Este venres 22 de xullo, o concello do Rosal presenta, ás 20.30 horas no auditorio municipal, a segunda edición do proxecto ‘Memoria viva’, unha iniciativa coa que se procura protexer e manter presente o patrimonio inmaterial do Rosal, así como o coñecemento e a memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.

Nesta segunda edición, Carmen Piedra Pérez e Isaac Penela Carbajales son os protagonistas dos dous vídeos que recollen a través das súas lembranzas parte da súa vida pero tamén as formas de vivir, de pensar, de crecer, de entender as tradicións e mesmo os costumes de toda unha época. O proxecto complétase con dous libros de pequeno formato, coleccionables coas entrevistas mantidas con Carmen e Isaac durante o proceso e que se suman ás de Nemesio Castro e Marcola González, cos que arrancou o proxecto.

Durante o acto presentaranse ambos os dous libros do proxecto, así como os dous vídeos documentais. A presentación será con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “non queremos que caia no esquecemento unha parte tan importante da nosa memoria individual e colectiva e dese desexo de conservar as historias que non están nos libros nace Memoria Viva. Seguiremos traballando para recuperar e recompilar as vivencias persoais, momentos históricos, formas de vida... dos nosos veciños e veciñas”.

Dende o Concello agradecen a colaboración de Carmen Piedra e de Isaac Penela, así como das súas familias, sen as que non sería posible ter chegado a realizar os traballos de documentación e gravación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí