Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal percorre a recta final do seu proxecto para ser máis inclusivo

O proceso participativo Cocreando Sociedade finaliza as dúas iniciativas que puxo en marcha este ano

O proceso participativo Cocreando Sociedade finaliza as dúas iniciativas que puxo en marcha este ano

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa no seu camiño para ser un concello máis inclusivo. O proxecto Cocreando Socieade no que diversos representantes de colectivos do tecido asociativo, da administración local e de entidades que traballan en prol da diversidade atópase na súa recta final. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que os proxectos que se puxeron en marcha este ano están por finalizar “con bos resultados” e engade “que o Cocreando non parará por completo ata facer do Rosal un lugar accesible para todos e para todas”.

Dende o seu inicio, este ano,  xa se puxeron en marcha tres iniciativas. Unha inmersión sensorial no que persoas usuarias de San Xerome e Avelaíña puideron gozar do concerto de Bandas Sonoras da Agrupación Musical do Rosal sentados entre os propios músicos e músicas, visitas guiadas as asociacións de San Xerome e Avelaíña co obxectivo de coñecer mellor a súa labor, ás persoas usuarias e atopar sinerxías de colaboración, e tamén a aposta polo sendeirismo inclusivo coa adquisición dunha cadeira todo terreo para persoas con mobilidade reducida.

A partir de agora os diferentes colectivos que integran Cocreando Socieade continuarán creando proxectos para os próximos 3 anos. Estarán distribuídos en grupos temáticos de deporte, cultura e educación, co que “esperamos aumentar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades cotiás do tecido asociativo, xerar sinerxías entre todas as entidades implicadas, contar coas propias persoas con diversidade funcional no deseño de actividades e poñer en valor o gran tecido asociativo que temos no Rosal” conclúe a alcaldesa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí