Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal presenta este venres o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS)

Venres 18 de xaneiro ás 9:00h no Salón de Plenos do Concello do Rosal

Venres 18 de xaneiro ás 9:00h no Salón de Plenos do Concello do Rosal

Fecha: 18 de Enero de 2019

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal presenta este venres día 18 de xaneiro ás 9:00h o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS).

Esta presentación celebraráse no Salón de Plenos, onde se ampliará información sobre este proxecto que estará financiado nun 25%polo Concello do Rosal e nun 75% pola Deputación de Pontevedra.

Trátase dun plan estratéxico que busca, a través da integración e planificicación do existente, da avaliación e da participación; dar resposta ás necesidades de mobilidade presentes e futuras de persoas e mercadorías, co obxectivo de lograr unha maior calidade de vida nos espazos urbanos e a súa contorna.

Que caracteriza un pmus?

1. Visión estratéxica pero sin renunciar ao curto prazo
2. Integración no ámbito territorial, superando os límites administrativos
3. Búsqueda da integración modal
4. Implementación de políticas transversais e fomento da cooperación institucional
5. Visión participativa en todas a fases do proceso
6. Proceso dinámico e continuado que implementa sistemas de monitorización e seguemento

Para que serve un PMUS?

1. Contar cunha visión globlal e estratéxica de tódolos elementos que afectan á mobilidade no concello
2. Deseñar unha estratexia planificada, orzamentada e priorizada, que permita afrontar paso a paso as diferentes tarefas a desenvoltar
3. Construción dun consenso amplo que permita a supervivencia no tempo das liñas marcadas
4. Acceso á xestión directa de fondos europeos para a realización de accións concretas
5. Contar cunha base para a captación de outros fondos e recursos doutras administracións

Fases dun PMUS

1 Recollida de datos

2 Participación cidadá

3 Análise e diagnose

4 Plan de accións e medidas

5 Presentación do PMUS

Procesos e pasos

1. Os traballos comezarán de inmediato
2. A equipa redactora terá que ter entregado o documento completo antes de abril de 2019
3. Unha vez aprobado polo órgano competente do concello, o documento remitirase á deputación
4. A deputación poderá esixir modificacións e correccións
5. A equipa e máis o concello terán un prazo para a realización das enmendas e remitirase novamente
6. Unha vez validado pola deputación, o plan estará rematado e listo para a implementación
7. O documento será plenamente válido para a concorrencia a fondos e axudas
 


 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones