Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal pretende aumentar a compostaxe e a reciclaxe co Plan Revitaliza

Este é un reto tanto do Concello coma da sociedade, no que toda a veciñanza debe ser partícipe xa que a súa colaboración é esencial para acadar as metas fixadas pola Unión Europea.

Este é un reto tanto do Concello coma da sociedade, no que toda a veciñanza debe ser partícipe xa que a súa colaboración é esencial para acadar as metas fixadas pola Unión Europea.

Fecha: 06 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello do Rosal

O pasado mércores, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, os concelleiros Germán Fernández e Sara Vicente e o mestre composteiro estiveron na Deputación de Pontevedra, nunha reunión do plan Revitaliza para falar dos retos aos que se enfrontan os concellos no eido da xestión de lixo. O Plan Revitaliza, do cal o Concello do Rosal forma parte, é un proxecto pioneiro a nivel mundial; tanto é así que está servindo de exemplo incluso a nivel internacional.

A pesar de que a materia orgánica é a fracción maioritaria no lixo domiciliario (superando o 50 % en peso dos residuos xerados), tradicionalmente foi ignorada a súa importancia de cara a cumprir os obxectivos de reciclaxe fixados pola Unión Europea. Neste punto preciso concéntrase o plan Revitaliza ao sinalar que a compostaxe, como método de tratamento da materia orgánica, é a única opción posible de reciclaxe dos restos orgánicos. O Concello do Rosal cede de xeito continuado composteiros individuais (contando con mais de 400 repartidos polo Concello) e conta cun centro de compostaxe comunitaria. Cabe lembrar que a xestión tradicional da fracción orgánica consiste en xuntala nun contedor verde de resto con outros residuos non reciclables que imposibilitan o seu tratamento, transportala ata a planta de SOGAMA (a case 200 km do Rosal) e alí incinerala e desbotala ao vertedoiro.

Este despropósito ambiental e enerxético é o responsable principal de que a porcentaxe de reciclaxe no Concello non supere o 18 %. Tendo en conta que o obxectivo fixado pola Unión Europea para o ano 2020 é de acadar o 50 % de reciclaxe, é evidente que debemos dar un paso adiante na procura de alternativas, e consideramos que a compostaxe terá un papel destacado neste eido.

Este é un reto tanto do Concello coma da sociedade, no que toda a veciñanza debe ser partícipe xa que a súa colaboración é esencial para acadar as metas fixadas pola Unión Europea.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones