Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Lunes, 02 de Marzo de 2026

O Rosal programa máis de 50 horas de cultura e lecer para vivir a primavera

O Concello presenta unha ampla axenda cultural e de lecer que arrinca cun marzo dedicado á muller e culmina o 26 de abril coa IV Feira do Libro de Segunda Man.

O Concello presenta unha ampla axenda cultural e de lecer que arrinca cun marzo dedicado á muller e culmina o 26 de abril coa IV Feira do Libro de Segunda Man.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Marzo de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A primavera chega cargada de actividade a O Rosal. O Concello vén de presentar unha programación con máis de 50 horas de propostas culturais, sociais e de lecer pensadas para todas as idades, convertendo o municipio nun punto de encontro para a cultura, a tradición e a convivencia veciñal durante os meses de marzo e abril.

O calendario arrinca cun marzo centrado no Día Internacional da Muller. O xoves 6 de marzo celebrarase unha charla sobre a artista Maruja Mallo impartida pola creadora Gemma Marqués. O propio 8 de marzo desenvolverase unha xornada completa con roteiro en familia, concentración reivindicativa, exposición do alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier e a representación da obra Bravas, protagonizada por Isabel Risco.

As propostas continuarán cos Venres Rebuldeiros, que terán sesións os días 13 e 27 de marzo e o 24 de abril, consolidándose como unha cita de referencia para o público infantil e familiar.

A tradición tamén terá un papel destacado coa celebración da Feira de San Gregorio do 13 ao 15 de marzo, a Romaría de San Xosé de Novás o 19 de marzo e as Festas de San Xián do 10 ao 12 de abril, eventos xa imprescindibles no calendario rosaleiro.

No ámbito da saúde, a Escola da Saúde ofrecerá dúas novas sesións: o 21 de marzo cun encontro sobre hormonas femininas e o 24 de abril cunha actividade dedicada aos beneficios do tai chi, promovendo hábitos saudables e espazos de aprendizaxe compartida.

A música e o teatro completan a programación primaveral. O 29 de marzo celebrarase o Concerto de Primavera da Agrupación Musical do Rosal, con Paulo Martins como director convidado, mentres que o 25 de abril actuará Cantares de Brión. No apartado teatral, o 12 de abril representarase Biblioteca Galáctica contra a IA fantástica, da compañía Tanxarina, e o 18 de abril Xaque mate. O mellor de cada casa, da Asociación Cultural de Viladesuso.

Como broche final, o 26 de abril a Praza do Calvario acollerá a IV Feira do Libro de Segunda Man, unha cita xa consolidada que promove a lectura, a reutilización e o encontro arredor dos libros.

Desde o Concello destacan que esta programación é reflexo dun Rosal dinámico e participativo, no que cultura, tradición e comunidade van da man para ofrecer unha primavera chea de propostas para todos os públicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí