Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal recibirá do Plan Concellos 56.953,30 ? dirixidos a gasto corrente

Con esta última concesión a Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 3 millóns de euros nos concellos da provincia de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos 2017

Con esta última concesión a Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 3 millóns de euros nos concellos da provincia de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos 2017

Fecha: 17 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Grove, O Rosal e Vilaboa recibirán máis de 130.000 € ao abeiro da liña 2 do "Plan Concellos 2017", para gastos correntes e para desenvolver un programa de igualdade

O Goberno de Carmela Silva aprobou destinar máis de 130.000 € para levar a cabo actividades e facer fronte a diversos gastos corrente e ao pagamento de acredores en tres concellos da provincia. Así o informou a Presidenta provincial, Carmela Silva, hoxe en rolda de prensa antes da celebración da Xunta de Goberno semanal da Deputación de Pontevedra. En concreto os beneficiarios destas achegas, enmarcadas na liña 2 do "Plan Concellos 2017" e que ascenden a un total de 133.326,76 euros, serán O Grove, O Rosal e Vilaboa.

Carmela Silva subliñou que con esta relación, a décimo primeira, "levamos xa aprobadas achegas para os concellos da provincia por valor de máis de 3 millóns de euros cunha porcentaxe de adxudicación próxima ao 100%".

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que en concreto O Grove recibirá 2.000 € destinados á posta en marcha dun programa de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero, unha iniciativa dirixida ás mulleres e que se desenvolverá en varias sesións nas que, a través dun traballo en grupo, se afondará en conceptos como a saúde integral das mulleres ou en como xestionar os malestares e problemas comúns, así como a toma de conciencia sobre as violencias, as súas causas e consecuencias.

Polar súa banda, no caso do concello do Rosal, a institución provincial destinará 56.953,30 €, que neste caso están dirixidas a gasto corrente. A axuda aprobada para Vilaboa ascende ata os 74.373,46 €, e servirá tamén para o pagamento de acredores de gasto corrente.

Con esta última concesión a Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 3 millóns de euros nos concellos da provincia de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos 2017. As axudas aprobadas ata agora, 3.403.072,41 €, supoñen un 94,78% do previsto este ano para esta liña no actual curso.

A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, lembrou que "ao igual que coas axudas que aprobamos ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017, se non fora pola Deputación de Pontevedra aqueles concellos que teñen problemas para facer fronte a débedas ou ao pagamento de gasto corrente e acredores non poderían facelo e, polo tanto, as súas contas estarían moito máis debilitadas".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones