Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Rosal recibirá no 2017 máis de medio millón de euros do Plan concellos

O Plan da Deputación para 2017 achega unha media dun 3% máis de cartos aos concellos da provincia, sendo O Rosal, cunha subida de 42.000 euros, un dos máis beneficiados

No 2016, o goberno de Carmela Silva achegou un total de investimentos á vila do Rosal de preto de 700.000 euros

Fecha: 04 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 8% máis de recursos ao concello de O Rosal no marco do "Plan Concellos". Deste xeito, a vila do Baixo Miño recibirá un total de 556.355,34 €, 41.994,59 euros máis, o que supón un 8,16% máis de recursos que no ano 2016, ano no que xa tivo un 30,5% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 120.301,88 € máis). Á marxe do Plan Concellos, O Rosal recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou ao Rosal un total de 689.630,85 euros, dos cales 514.360,75 € se corresponderon co "Plan Concellos 2016". Ademais, a institución provincial investiu 54.000 € en mobilidade, 44.000 € en cohesión social e xuventude, 24.000 € en cultura e lingua, 19.000 € para o fomento do emprego, 23.000 € para o impulso do deporte, 2.000 € en medio ambiente e outros 900 € para a igualdade entre mulleres e homes.

En concreto, a través da liña 1 do "Plan Concellos", investíronse 331.667,70 € para a execución dun muro de contención e de mampostaría no lugar do Morán, na parroquia de San Miguel de Tabagón; a adquisición dun tractor-grúa, a impermeabilización do depósito de auga potable na Buraca, a restauración das cubertas de varios edificios municipais e a pulimentación do terrazo no CPI da Mata. Ademais, 47.673,35 € para o pagamento de gastos correntes en liña 2, outros 19.288,52 € en liña 3 destinados á Feira do Viño do Rosal e á Festa do Cabaqueiro e, grazas á liña 4, creáronse 16 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 115.731,17 €.

Á marxe do "Plan Concellos 2016", O Rosal recibiu 24.470,77 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con máis de 40 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á sinalización do patrimonio histórico-cultural e memoria histórica e as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 44.170,82 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (do que se benefician 4 persoas) ou ben mediante os programas "Depo en Marcha", "DepoTermal" (con 16 solicitudes), "Depo RÚArte", "Tecendo lazos" e "Depo Aventura A Lanzada", no que participaron 21 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, O Rosal recibiu 22.665 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedra, as axudas aos clubs náuticos, diversas actividades deportivas, a participación en ligas e competicións oficiais, actividades deportivas e as catro "DEPOrte Escolas" de balonmán (dúas), fútbol e patinaxe, así como 18.845,76 € destinados ao fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que dúas persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de O Rosal. Tamén se achegaron 889,35 € para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través do programa "Conectadas 2016", 2.215,55 € en medio ambiente para as axudas ás cooperativas agrogandeiras e outros 54.196,18 € en materia de mobilidade, en concreto para o "Plan Móvese" e as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí