Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal reclama que se cubra e se contrate o persoal que corresponde no Centro de Saúde

O Rosal reclama que se cubra e se contrate o persoal que corresponde no Centro de Saúde

O Rosal reclama que se cubra e se contrate o persoal que corresponde no Centro de Saúde

Fecha: 25 de Julio de 2019

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal reclama que se cubra e se contrate o persoal que corresponde no Centro de Saúde
"Reivindicamos e defendemos o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade", Ánxela Fernández Callís.
A veciñanza do Rosal respondeu ao chamamento que fixo o concello, nunha concorrida concentración na praza do Calvario, para reivindicar unha sanidade pública e de calidade.

A alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández, dirixiuse aos concentrados, manifestando que "a sanidade pública é un dereito que ten que ser intocable e que nunca debera ser empregado de maneira partidista por parte de quen ten a responsabilidade de xestionar os recursos públicos. Trátase dunha cuestión transversal, dun dereito que temos na nosa condición de persoas humanas", dixo.

Nese sentido, lembrou que O Rosal leva anos vendo como se precariza a atención primaria no municipio. Dende o falecemento da matrona titular, Xulia Suárez, no 2010, foron recortando servizos. "Por iso estamos hoxe aquí concentrados, para reivindicar e defender o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade. Estamos fartos de que se precarice a sanidade pública no noso concello", reclamou.

Así mesmo, engadiu que O Rosal é o concello do Baixo Miño cun peor rateo, en condicións normais, de pacientes por persoal sanitario. Así, dixo, o persoal médico ten un total de 4701 pacientes repartidos entre tres profesionais, que atenden a 1502, 1643 e 1556 persoas cada un, mentres a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda un máximo de 1200 pacientes por médico.

Estas cifras xa de por sí negativas e precarias en termos sanitarios, vense agravadas en situacións de vacacións e baixas de persoal, xa que moitas veces non se repón ós profesionais. Nese sentido, Ánxela Fernández indicou que, agora mesmo, só dous médicos están atendendo a 4701 pacientes.

"As consecuencias máis inmediatas desta decisión son a precarización da atención primaria coa redución do persoal sanitario, que conleva un retraso forte de ata case 20 días nas citas da atención primaria en moitos casos, así como que os veciños do centro de Saúde de San Miguel de Tabagón teñan que desprazarse ata o centro do Rosal para ser atendidos", denunciou a alcaldesa, lanzándolle unha pregunta á Consellaría de Sanidade e ao SERGAS, "acaso no verán podemos elixir non poñernos enfermos?"

Do mesmo xeito, relatou os pasos que leva dado o concello diante da Consellaría de Sanidade e do SERGAS dende que tomou posesión como alcaldesa, manifestando que só obtiveron unha resposta tipo por parte do SERGAS, alegando falta de persoal. Así mesmo, manifestou que seguen esperando ser recibidos polo Conselleiro, o señor Vázquez Almuiña, cita solicitada o pasado 5 de xullo nunha reunión de todos os alcaldes do Baixo Miño, despois de analizar a situación sanitaria na comarca.

A alcaldesa rosaleira rematou manifestando que "a sanidade pública é un ámbito que supera o ámbito competencial do concello. Non obstante, dende aquí quero trasladarlle á Xunta de Galicia, quen ten a responsabilidade de resolver esta situación", e insistiu en que dende o goberno municipal defenderán o interese colectivo, "loitando pola defensa do que consideramos un dereito e unha necesidade básica da nosa veciñanza, o dereito a unha sanidade pública, digna e de calidade", reclamou.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones