Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal remata a súa programación de Nadal con maxia

Coa Gala Miñomáxico no Auditorio Municipal este sábado 11 de xaneiro ás 20.00 h, na que estará o ilusionista Samuel Moreno. Para todos os públicos e entrada de balde

Coa Gala Miñomáxico no Auditorio Municipal este sábado 11 de xaneiro ás 20.00 h, na que estará o ilusionista Samuel Moreno. Para todos os públicos e entrada de balde

Fecha: 11 de Enero de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal pon o broche final á época de maior maxia e ilusión cun espectáculo cheo de música, tecnoloxía, imaxinación, humor e fantasía. A programación de Nadal remata este sábado 11 de xaneiro coa Gala Miñomáxico, que se celebrará ás 20.00 h no Auditorio Municipal e que contará coa participación do mago Samuel Moreno. Un espectáculo para todos os públicos e de balde organizado polo Concello do Rosal en colaboración con AMB.

Como complemento a esta actividade, a asociación AMB propón unha xornada repleta de maxia. Pola mañá organizará dous obradoiros de maxia para nenos e nenas (11.00 e 12.00 h) no Centro Social Polivalente, nos que os cativos e cativas participantes poderán aprender trucos de maxia con cartas, cordas... e outro tipo de materiais que facilitará a organización. Para participar é preciso inscrición previa a través do enderezo electrónico minhomaxico@gmail.com. O custe destes obradoiros é de 8€. Xa pola tarde, a partir das 18.00 h haberá ‘Maxia preto de ti' na Cafetería Juan.

Grande implicación
A xornada de maxia pon punto e final a unha axenda de Nadal marcada polo gran número de actividades para todos os públicos e, sobre todo, pola grande implicación tanto de todo o tecido asociativo do Rosal como de toda a veciñanza. Dende o Concello quérese agradecer a implicación de todas as asociacións, xa que meirande parte delas formaron parte de xeito activo nas iniciativas programadas para estas datas, o que reflicte "a vontade de colaboración que existe no municipio e que converte ao Rosal en exemplo de dinamismo". "É así, traballando todos xuntos, como conseguiremos mellorar a nosa realidade e ter un concello moito máis dinámico e activo", sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Un éxito que non sería completo nin posible sen a gran resposta obtida por parte dos veciños e veciñas do Rosal, que unha vez máis participaron de xeito activo en todas as actividades, demostrando o seu interese por poder desfrutar no seu propio concello dunha programación deseñada para todos os públicos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí