Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal repartiu máis de 400 composteiros entre a veciñanza

O Concello lembra ás persoas interesadas que poden solicitar un través da web municipal e que soamente quedan 100

O Concello lembra ás persoas interesadas que poden solicitar un través da web municipal e que soamente quedan 100

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

Grande acollida por  parte da veciñanza dos  composteiros individuais (COINs) repartidos polo Concello. Máis de 400 veciños e veciñas xa recolleron un dentro desta acción posta en marcha ao abeiro da estratexia municipal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas cofinanciada polo  Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional  con cargo ao programa  Feder Galicia 2014-2020.

O ritmo de entrega das persoas encargadas é de 10 composteiros diarios. Destaca a implantación da compostaxe na parroquia das Eiras e de Tabagón. No inicio do programa As Eiras triplicou a súa participación nesta práctica, pasando de ser a zona con menos implantación cun 18% de COINs a ser a máis involucrada e ter case un 59%. Tamén o fixo Tabagón pasando dun 16 % a un 51,22 %. O Concello irá percorrendo as parroquias para repartir os composteiros restantes nos vindeiros meses, aínda que calquera persoa interesada pode solicitar o seu a través da web municipal de Medio Ambiente e acudir ao Concello a recollelo. Soamente quedan 100.

A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, destaca que no Concello están “moi contentos coa acollida da xente, que xa se traduce nun aumento moi significativo do número de casas que xa dispoñen do seu propio composteiro. O noso obxectivo é percorrer pouco a pouco todas as parroquias e conseguir a maior porcentaxe de implantación posible”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones