Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal, Tomiño e Tui contarán con novos lombos reductores de velocidade

A deputación destina máis de 1.552.000 euros á construción dos novos lombos e redutoresde velocidade do -plan móvese 2?-

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que as obras están en fase de contratación e iniciaranse en 2019

Fecha: 03 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai destinar máis de 1.552.000 euros á construción dos novos lombos e redutores de velocidade do ‘Plan de Mobilidade e Velocidade Segura 2 (MÓVESE 2)' en 38 concellos da provincia. O deputado Uxío Benítez anunciou que hoxe se aprobou a contratación destas obras en Xunta de Goberno co obxectivo de aumentar a seguranza da rede viaria provincial.

Benítez apunta que o Móvese 2 inclúe a instalación de 358 novos elementos de calmado de tráfico que, unidos aos 638 do Plan Móvese inicial da Deputación e a todos os instalados polos gobernos municipais, sumarán un total aproximado duns 3.000 na provincia. Nesta ocasión os concellos de Rodeiro, A Estrada, Cambados, Meaño e Meis, que non solicitaran dispositivos de calmado de tráfico no primeiro plan Móvese, aproveitaron para sumarse á iniciativa provincial e facer as súas peticións, que ascenden a 50 redutores e pasos de peóns sobreelevados. Os municipios restantes repetiron solicitude para completar actuacións anteriores.

A contratación dos lombos vaise acometer en dous lotes por cuestións xeográficas: un para a zona norte da provincia (A Estrada, A Lama, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, O Grove, Poio, Portas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Vilaboa e Vilanova) e outro para a zona sur (As Neves, Baiona, Cañiza, Crecente, Gondomar, Mondariz, Mos, O Rosal, Ponteareas, Redondela, Soutomaior, Salceda, Salvaterra, Tomiño, Tui e Vigo), con importes de 788.711 euros e 763.434 respectivamente. A intención é que unha vez pechados os trámites burocráticos as obras se inicien o vindeiro 2019 e se adapten á climatoloxía co fin de evitar problemas de execución polas chuvias.

O deputado de Mobilidade lembra que existe unha grande demanda de elementos de calmado de tráfico por parte dos concellos. Destacou que as peticións á Deputación incluso se manteñen despois de ter pechado esta segunda fase do Móvese, motivo polo que deixou a porta aberta a unha nova edición.

Benítez lembrou tamén que a tendencia xeral de seguranza viaria tanto no estado como no estranxeiro segue a liña de calmado de tráfico na que está a traballar a Deputación e sinalou que por iso o Móvese está a ter recoñecementos de diferentes institucións como a Dirección Xeral de Tráfico ou a Asociación Española de la Carretera, así como peticións de colaboración técnica por parte doutras administracións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones