Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal urbanizará a estrada da Devesa con cargo ao Plan Concellos da Deputación

Ata o momento, este concello ten aprobado o 64,9% do orzamento do plan, con máis de 360.000 euros concedidos.

Ata o momento, este concello ten aprobado o 64,9% do orzamento do plan, con máis de 360.000 euros concedidos.

Fecha: 04 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas por valor de preto de 345.000 euros para que os concellos de Lalín, Pontecesures, Ribadumia e O Rosal poidan afrontar cinco novos investimentos. Con esta concesión, a Xunta de Goberno xa destinou máis de 33 millóns de euros aos concellos da provincia o que supón o 80% do total do "Plan Concellos 2017".

Carmela Silva informou que Lalín recibirá 26.990 euros para a financiación parcial da construción dun aparcadoiro de autocaravanas no concello. Con esta achega, Lalín ten xa o 65,43% do orzamento do Plan Concellos aprobado, con preto dun millón de euros xa concedidos.

No caso de Pontecesures, a Presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción porque "con esta aprobación, que ascende a 175.000 €, a vila ten xa concedido o 100% do orzamento que lle corresponde do Plan Concellos 2017 e que, este ano, ascende a preto de 350.000 euros". Silva engadiu que a través da achega o concello de Pontecesures vai reurbanizar o camiño da Paxareira e o camiño de Infesta.

Pola súa banda, o concello de Ribadumia recibirá 70.326,86 euros para a financiación da rede de saneamento no entorno da Igrexa de San Andrés de Barrantes. A Presidenta provincial destacou que "con esta achega o concello ten xa aprobado o 93,54% do orzamento do plan provincial, é dicir, máis de 426.000 euros concedidos".

No caso do Rosal, a Xunta de Goberno aprobou destinar 71.275,05 euros para urbanizar a estrada da Devesa. Ata o momento, este concello ten aprobado o 64,9% do orzamento do plan, con máis de 360.000 euros concedidos.

O Plan Concellos 2017 ten asignado unha dotación de 41,2 millóns de euros este ano, unha partida un 3% maior que a aprobada no 2016. Entre as tres liñas estratéxicas do Plan, a Xunta de Goberno da institución provincial leva xa máis de 33 millóns de euros aprobados dende xaneiro, é dicir, o 80% do plan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones