Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal visita Pontevedra para coñecer o seu modelo de cidade

O equipo de Goberno, encabezado pola alcaldesa, mantivo unha reunión co rexedor pontevedrés para afondar nalgúns dos proxectos de maior éxito no proxecto de transformación urbana

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Febrero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O equipo de Goberno do Rosal, encabezado pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, visitou este xoves Pontevedra co obxectivo de coñecer algúns dos proxectos realizados na vila nos últimos anos con maior éxito ao abeiro dun modelo urbano premiado internacionalmente. “Nos comezamos hai dous anos e medio con moita ilusión un novo camiño no Rosal, un tempo novo, e é moi gratificante vir a unha vila como Pontevedra, con todo o recoñecemento que ten en termos de recuperación do espazo público pero tamén pos cuestións como o coche de punto, a xestión de residuos ou o dinamismo cultural que se xera entre as persoas”, salientou a rexedora.

Alcaldesa e concelleiros mantiveron unha reunión co rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, e con varios edís para coñecer de primeira man as actuacións que se están a levar a cabo en Pontevedra, a experiencia e as boas prácticas na mellora urbana e da contorna. Un encontro do que o equipo de Goberno rosaleiro leva “moitas aprendizaxes para seguir transformando o noso pobo”.

Fernández Callís agradeceu a reunión mantida e sinalou que aínda que O Rosal conta coas súas características propias “este tipo de transformacións e proxectos poden trasladarse á nosa contorna máis rural, poñendo ás persoas no centro e avanzando e camiñando cara a mellora das nosas contornas, nas que temos todo o futuro por gañar”.

Pola súa banda, o alcalde pontevedrés destacou a relevancia deste tipo de encontros para unha vila como O Rosal, que “ten a intención evidente de facer as cousas ben, que está ao tanto do que se vai facendo noutros sitios co obxectivo de achegar unha melloría na vida da súa veciñanza”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí