Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O sector agro no Baixo Miño despega en mercados internacionais

Exporta a máis de 20 países e factura 68 millóns de euros ao ano

Exporta a máis de 20 países e factura 68 millóns de euros ao ano

Fecha: 13 de Marzo de 2019

Fuente: AcuBam

A 16ª Mostra de Cultivos acollerá a presentación da primeira Misión Comercial Inversa, que traer á rexión transfronteiriza a posibles clientes para que coñezan de primeira man produtos e servizos. O sector agro no Baixo Miño é unha actividade produtiva cun grande impacto social e económico na contorna, cunha actividade de produción crecente e con cada vez máis peso en todas as súas subáreas: a planta ornamental, a flor, a froita e o viño, así como os servizos auxiliares. Máis de 1.000 hectáreas de produción, máis de 1.120 persoas empregadas en tempada alta e unha facturación de case 68 millóns de euros reflicten a importancia do sector en termos de produción, rendabilidade e impacto social, con cada vez máis familias traballando no agro, fixando poboación no rural e mellorando a calidade de vida de toda a veciñanza.

Na era da globalización manter ese crecemento rendible e sustentable pasa pola internacionalización do sector, por coñecer a abrir novos mercados, adaptarse as novas tendencias, investigar e innovar, especializarse e atraer novas oportunidades. Neste momento, o sector agro no Baixo Miño exporta os seus produtos a máis de 20 países de 5 continentes: ademais de traballar co mercado europeo, as empresas agrarias da contorna venden os seus produtos a Canadá, Estados Unidos, México, Porto Rico, Panamá, Colombia, Marrocos, Australia ou Xapón, entre outros.

Misión Comercial Inversa
Para seguir traballando e mellorar ese proceso de internacionalización do sector, a 16ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que se celebrará do 15 ao 17 de marzo no pavillón de Goián, será o escenario de presentación da primeira Misión Comercial Inversa que se realizará no sur de Galicia e no norte de Portugal. O obxectivo deste proxecto transfronteirizo é contribuír ao posicionamento sectorial traendo a potenciais compradores e clientes estranxeiros ao territorio para que coñezan de primeira man os produtos e servizos da contorna, buscando así novas oportunidades de negocio.

Trátase dun proxecto de dinamización da economía local enmarcado na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, cofinanciado ao 75% polo Programa Interreg VA POCTEP, e integrado no Plan Estratéxico da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) no que tamén colaborarán a Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN) e a Associação para o Desenvolvimento Local, Rural, Agrícola, Florestal e Ambiental (ARA-Cerveira).

Todas as persoas interesadas en coñecer os detalles desta misión comercial, poderán asistir á súa presentación este venres 15 de marzo ás 12.15 horas no pavillón de Goián.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones