Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O SERGAS COMPROMETESE CO BNG A MELLORAR O SERVIZO DE AMBULANCIAS QUE TRASLADA AOS DOENTES DE HEMODIÁLISE AO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

A deputada do BNG, Carme Adán formulou unha pregunta na comisión de Sanidade ante as reclamacións presentadas ante o SERGAS e Valedora do Pobo de persoas usuarias de ambulancias para realizar hemodiálise no hospital Álvaro Cunqueiro

A deputada do BNG, Carme Adán formulou unha pregunta na comisión de Sanidade ante as reclamacións presentadas ante o SERGAS e Valedora do Pobo de persoas usuarias de ambulancias para realizar hemodiálise no hospital Álvaro Cunqueiro

Fecha: 09 de Abril de 2016

Fuente: BNG - Baixo Miño

A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou hoxe, a través dunha pregunta parlamentaria formulada na Comisión de Sanidade, corrixir as deficiencias detectadas no servizo de ambulancias que traslada as persoas doentes ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo co fin de realizar sesións de hemodiálise.

A deputada relatou o percorrido dun doente da localidade da Garda e explicou que tras diversas paradas para recoller a outras persoas chega finalmente ao Hospital do Álvaro Cunqueiro, despois "dun percorrido de 100qm cunha duración de dúas horas e media de ida e o mesmo tempo para a volta" tres días a semana para someterse a un tratamento de hemodiálise. Outra das reclamación, neste caso dunha paciente, dixo a nacionalista, a doente debe empregar no percorrido 9 horas a semana para recibir tamén un tratamento tres días a semana. Adán pediu ao SERGAS "modificar o servizo de ambulancia" utilizado por doentes, a miúdo de avanzada idade ou que precisan cadeiras de rodas co fin de mellorar a súa calidade nos traslados.

A parlamentaria preguntou que melloras pensa implantar o SERGAS ante as denuncias presentadas polas deficiencias do servizo de ambulancias.

O SERGAS comprometese co BNG a mellorar o servizo

Pola súa parte, o xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa comprometeuse a revisar e mellorar o servizo de transporte sanitario e asegurou que o servizo de ambulancias para realizar os tratamentos de hemodiálise tamén será revisado nos casos denunciados co fin de mellorar a súa calidade, "buscarase unha solución que se axuste a eses casos" e tentaremos optimizar os tempos das rutas e os horarios dos tratamentos dos doentes, incrementando o número de rutas para dar solucións aos traslados.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones