Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Sergas confirma a Esteban González que centro de saúde de Tomiño manterá a apertura de tarde a partir de novembro

Os comentarios de peche da actividade na turno de tarde de xeito definitivo son totalmente infundados, mal intencionados e sobre todo falsos.

Os comentarios de peche da actividade na turno de tarde de xeito definitivo son totalmente infundados, mal intencionados e sobre todo falsos.

Fecha: 10 de Octubre de 2019

Fuente: PP de Tomiño

O portavoz do Partido Popular de Tomiño, Esteban González Miranda, mantivo no día de onte unha reunión co Xerente do Sergas na area de Vigo, para trasladarlle a problemática actual do centro de saúde da localidade e o malestar de moitos veciños despois de que "rumores" infundados sobre o peche permanente do turno de tarde séa o tema de actualidade.

Na reunión mantida co Xerente do Sergas na area de Vigo, Julio Garcia Comesaña, se nos aclara que durante o meses de xullo a setembro debido as vacacións anuais dos facultativos e dúas baixas laborais, decídese de forma consensuada cos facultativos concentrar toda a actividade polas mañás e así diminuír o impacto na actividade, e asumir as consultas dos ausentes e os desprazamentos fora do centro como consecuencia das atencións requeridas polo 061.

Hai que recordar que o persoal do centro de saúde de Tomiño é de 6 médicos/as de familia, 6 enfermeiras/os de adultos, 2 pediatras e 2 enfermeras de pediatría e 4 PSX (Persoal de Servicios Xerais)que prestan servizos en horario de maña e tarde con turnos deslizantes. Tamén prestan servizos 1 matrona, 1 Técnico de Coidados de Enfermería en turno de maña

Tras preguntar o portavoz Esteban Gonz. Miranda por canto tempo se vai manter esta situación; se nos confirma que despois de manter unha reunión no mes de setembro no centro de saúde de Tomiño decídese continuar coa centralización no mes de outubro inda que unha das dúas baixas xa está cuberta. Esteban Gonz fixo fincapé na necesidade de subsanar esta situación; coa previsión do Sergas de que no mes de novembro o centro recupere a súa actividade pola tarde tras cubrir a praza pendente e das IT. E así desmentir as afirmacións das últimas semanas de que Tomiño perdería de forma permanente as consultas polas tardes.

"É lamentable que se intente contaminar a opinión pública con mentiras cando a realidade da sanidade e moi distinta. Non podemos desprestixiar o noso ben máis valioso co único fin de sacar rédito político, lamentando que por parte do concello non se moveu nin un só dedo en aclarar esta situación" afirma o portavoz popular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones