Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN ATENDEU NO 2015 MÁIS DE 4.300 ALARMAS

O servizo, que vén de facer balance da actividade do pasado ano, atendeu as necesidades de máis de 400 usuarios e usuarias de pequenos concellos

O servizo, que vén de facer balance da actividade do pasado ano, atendeu as necesidades de máis de 400 usuarios e usuarias de pequenos concellos

Fecha: 25 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra atendeu durante o ano 2015 máis de 400 persoas, que xeraron un total de 4.300 chamadas de alarma. O servizo, cofinanciado pola institución provincial xunto cos pequenos concellos, proporciónalles unha resposta inmediata aos usuarios e usuarias durante as 24 horas do día, mediante un sistema de comunicación de mans libres.

O servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra, un programa cofinanciado pola institución provincial en colaboración cos 47 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos, prestou servizo durante o ano pasado a 402 persoas maiores ou con algún grao de discapacidade, que viven soas pero gozan da suficiente autonomía para permanecer nos seus fogares.

O servizo de teleasistencia garante unha atención efectiva durante todos os días do ano e a calquera hora do día. No momento que o usuario o desexe ou precise pode establecer comunicación cun teleoperador, a través dun pulsador colgante que levan incorporado. Así, durante o 2015 atendéronse un total de 4.391 alarmas, das cales 225 foron debidas a emerxencias sanitarias ou sociais.

Ademais, para paliar os sentimentos de soidade e illamento das persoas, o servizo efectuou no mesmo período 276 visitas de seguimento, que se sumaron ás visitas que se realizan habitualmente para a resolución de diversas incidencias. Asemade, organizáronse 7 xornadas de convivencia, co obxecto de proporcionarlles aos usuarios e usuarias un tempo de lecer e un espazo de intercambio de experiencias e inquedanzas.

A teleasistencia é prestada por un teleoperador especificamente preparado para atender as necesidades dos usuarios e usuarias dunha forma cálida e humana, ao mesmo tempo que rápida e profesional. O servizo inclúe apoio inmediato a demandas de angustia, soidade, e accidentes domésticos; mobilización de recursos ante situacións de emerxencia sanitaria, persoal ou social; xestión de axendas para lembrar datos importantes sobre a toma de medicación e a realización de xestións; e seguimentos permanentes dende o Centro de Atención, mediante chamadas telefónicas periódicas. Ademais, tamén se efectúan chamadas de felicitación por aniversarios, santos e outras datas sinaladas.

O servizo de teleasistencia permite a permanencia dos usuarios e usuarias no seu medio habitual e o contacto permanente co seu entorno socio familiar, evitando o illamento social e a soidade. Deste xeito, evítanse institucionalizacións innecesarias ao tempo que se asegura unha intervención inmediata ante posibles situacións de crise persoais, sociais ou médicas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones