Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O servizo oral da Deputación recadou en tributos preto de 10 millóns de euros no 2017 para os concellos no Baixo Miño

No total da provincia os resultados de recadación do ano 2017 se incrementaron ata os 122,6 millóns de euros, un 1,6% máis que o ano anterior

No total da provincia os resultados de recadación do ano 2017 se incrementaron ata os 122,6 millóns de euros, un 1,6% máis que o ano anterior

Fecha: 28 de Agosto de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os concellos da comarca do Baixo Miño que teñen delegada a súa xestión tributaria no servizo ORAL da Deputación recibiron preto de 10 millóns de euros da recadación das súas taxas e impostos do ano 2017. Así o adiantou hoxe o deputado provincial Carlos Font en rolda de prensa, na que tamén informou dos resultados do pasado ano no total da provincia, e dos primeiros datos do proceso de regularización catastral imposto polo anterior responsable do Ministerio de Facenda, Cristóbal Montoro.

Na comarca do Baixo Miño son 4 concellos os que teñen delegada a xestión tributaria no ORAL: Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Segundo informou o deputado a recadación de taxas e impostos ascendeu en 2017 ata os 9.569.710,43 euros. A recadación de cada concello foi: en Oia 612.208,98 euros; O Rosal 1.494.626,98 €; Tomiño 3.479.028,95 € e Tui 3.983.845,63 euros.

Carlos Font tamén informou dos primeiros datos do proceso de regularización catastral que se está a realizar nos concellos da provincia "a imposición do anterior ministro Montoro, que obrigou aos municipios a enfrontar a revisión". O deputado deixou claro que "o único que fixo a Deputación foi, naqueles concellos que teñen delegada a xestión deste imposto e onde así nolo solicitaron, establecer un punto de atención para atender, asesorar e axudar ás persoas para entender as notificacións que lles chegaron do Ministerio de Facenda, e para que presentasen as alegacións ou recursos pertinentes a eses documentos que o Ministerio lles remitiu".

No caso da comarca do Baixo Miño, a Deputación estableceu puntos de atención informativa nos concellos de Oia e Tui "nos que atendéronse a 1.862 persoas afectadas pola revisión, 631 persoas en Oia e 1.231 en Tui. Ademais, presentáronse 576 comparecencias é dicir, alegacións ou recursos a este proceso de regularización catastral, 64 persoas en Oia e 512 en Tui", dixo Font.

En canto aos datos provinciais, o goberno instalou puntos informativos en 17 concellos, "nos que ata o momento atendemos a case dez mil persoas, (9.975), e se realizaron preto de tres mil alegacións o recursos, (2870)". Neste aspecto, Font adiantou que cando remate o período para presentar reclamacións, o Ministerio enviará ao ORAL en setembro, como fai cada tres meses, arredor de 27.000 liquidacións na provincia que despois liquidará en outubro. O deputado sinalou que "nós puxemos os puntos de atención no momento no que as persoas recibiron as notificacións, non cando lles chega o momento de facer o pago, pero aínda que xa non estea o punto de atención no seu concello calquera que o precise poderase achegar ás oficinas do ORAL e alí resolveremos as súas dúbidas".

Datos de recadación ano 2017 e avance de 2018 na provincia
A recadación dos 54 concellos da provincia de Pontevedra que teñen delegada a xestión de taxas ou impostos no servizo ORAL ascendeu en 2017 a máis de 122 millóns e medio de euros (122.694.252,87 €). Son 2 millóns de euros máis respecto a 2016, un 1,6% máis que o ano anterior cando se recadaron 120,8 millóns de euros (120.806.176,26 €)

Carlos Font tamén avanzou os datos de recadación do primeiro semestre de 2018 aínda que matizou que "non son datos significativos xa que cada ano as variantes cambian e ademais os impostos máis importantes sempre se tramitan nos meses finais de ano como é o caso do IBI que comezou esta mesma semana". Aínda así, Font revelou que "nestes primeiros meses xa podemos falar de que ORAL recadou máis de 40 millóns de euros. Isto significa que xa levamos recadado máis que en 2017, cando a finais de xullo levabamos 38,8 millóns de euros. Son 1,2 millóns de euros e un 3% máis que o ano pasado nas mesmas datas".

Datos xerais ORAL
O Servizo ORAL fai a xestión de taxas e impostos daqueles concellos da provincia que así o requiren ao carecer de medios e persoal para facelo. A súa función limítase exclusivamente a esa delegación dos concellos e ingresa nas arcas de cada municipio a recadación de tributos como o IAE, o IBI, o IVTM, o Lixo, as sancións de circulación e nalgúns outros casos de licencias de apertura, licencias urbanísticas e a xestión recadadora voluntaria doutras taxas e ingresos.


Este servizo de colaboración cos concellos dispón de 14 oficinas en Pontevedra, Caldas, Cambados, Cangas, A Estrada, Lalín, Moaña, Nigrán, Ponteareas, O Porriño, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa, e 9 puntos de atención que funcionan un ou dous días á semana en Arbo, Bueu, A Cañiza, Crecente, Covelo, As Neves, Ponte Caldelas, O Rosal e Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones