Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA ORDENA O PRECINTO DUNHA ESTACIÓN DE SERVIZO DA PARROQUIA TOMIÑESA DE SOBRADA

A alcaldesa do municipio amosa a súa preocupación polos traballadores e traballadoras da empresa e confía nunha posible solución

A alcaldesa do municipio amosa a súa preocupación polos traballadores e traballadoras da empresa e confía nunha posible solución

Fecha: 14 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

No día de onte, o Concello de Tomiño viuse na obriga de precintar unha gasolineira ("Estación de Servizo España-Portugal"), situada en Torrón (Sobrada) nas marxes da estrada PO 552 (antiga N550), procedendo á execución dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que ordena o cese da actividade e inicio dos trámites para a demolición das instalacións.
Os antecedentes da situación que desembocou no precinto das estacións de servizo, remóntanse ao ano 1998, cando ante denuncia dun particular, o TSXG anulou a licenza de obra e actividade, por omisión de certa documentación técnica no proxecto de obras, así coma a resolución da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia pola que se autorizaba a construción das instalacións situadas na marxe da estrada provincial.

Despois de varias reclamacións e apelacións dos propietarios, no ano 2011, o TSXG ditou un Auto no que se declaraba non executada a sentenza e se ordenaba o cumprimento do cese da activade e demolición.

Tras varios recursos, con data 6 de maio de 2016, o TSXG dita unha Providencia requirido ás administracións que ordenen o cese definitivo da actividade e inicio dos trámites de demolición. Sen máis opcións, o Concello procede ao precinto das instalacións no día de onte.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosa a súa preocupación polos empregados e empregadas da empresa, que perden os seus postos de traballo, e agarda que aínda exista algunha posibilidade legal que permita chegar a unha solución.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones