Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O turismo internacional de Galicia acada máis de 1.300.000 viaxeiros

Nos primeiros dez meses deste ano 2016 Galicia rexistrou máximos históricos nos seus niveis de demanda turística, cun incremento do 7,6% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados e do 9,3% no que atinxe ás pernoitas

O Monte de Sta. Trega continúa a ser un dos lugares máis visitados de Galicia

Fecha: 01 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O turismo internacional de Galicia acadou nos dez primeiros meses do ano máis de 1.300.000 viaxeiros, superando así un dos grandes obxectivos marcados no Plan Integral de Turismo 2013-2016, o de acadar 1.250.000 viaxeiros estranxeiros.

Deste xeito, os datos acumulados do turismo internacional incrementáronse nun 10% motivado pola suba da súa cifra de viaxeiros do 7,7%. Estes incrementos sitúan os niveis deste mercado neste ano en máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados -con máis de 1,3 millóns- coma de pernoitas -con 2,14 millóns no conxunto da comunidade-.

En liñas xerais, nos primeiros dez meses deste ano 2016 Galicia rexistrou máximos históricos nos seus niveis de demanda turística, cun incremento do 7,6% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados -con 4.510.191- e do 9,3% no que atinxe ás pernoitas -con 9.237.819 neste período-.

Polo que respecta aos distintos mercados turísticos, o turismo nacional incrementou un 9,0% as súas pernoitas e un 7,6% os seus viaxeiros acadando -con preto de 3,2 millóns de viaxeiros e preto de 7,1 millóns de pernoitas- as cifras máis elevadas dos últimos seis anos.

En relación as tipoloxías de aloxamento, rexistráronse neste período incrementos xeneralizados destacando o crecemento dos apartamentos turísticos que aumentaron as súas pernoitas nun 31,5%. Así mesmo, nos establecementos de turismo rural o crecemento foi do 17,7% e nos cámpings do 15,3%.

En termos de ocupación, Galicia mellorou as súas cifras en todas as tipoloxías de aloxamento destacando neste sentido os cámpings cunha suba de 3,6 puntos porcentuais e os hoteis e os establecementos de turismo rural onde os incrementos achéganse aos tres puntos.
Os datos do mes de outubro

No pasado mes de outubro Galicia acolleu un máximo histórico de viaxeiros aloxados ao rexistrar un total de 437.652, un 9,8% máis que no mesmo mes do ano anterior.

A nosa comunidade incrementou neste pasado mes nun 11.5% as súas pernoitas rexistrando un total de 821.233, a cifra máis elevada dos últimos seis anos.

O incremento da demanda produciuse polo bo comportamento dos dous grandes segmentos de mercado. O turismo nacional subiu en Galicia un 9,2% no que atinxe aos viaxeiros, con preto de 300.000 viaxeiros aloxados, e un 9,9% no que se refire ás pernoitas, acadando preto de 600.000, a cifra máis elevada dos últimos seis anos.

Pola súa parte, o mercado internacional acadou neste décimo mes do ano máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados, con máis de 140.000, un 11,1% máis que en outubro de 2015, como de pernoitas, con preto de 225.000, un 16,2% máis neste caso.

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento consideradas destacando o incremento de pernoitas rexistrado nos apartamentos turísticos -87%-, nas pensións -21%- e nos establecementos de turismo rural -18%-.

Esta dinámica positiva coloca os niveis de demanda de case todas as tipoloxías en valores por encima dos rexistrados nos últimos seis anos acadando no caso dos apartamentos turísticos cifras récord tanto de viaxeiros como de pernoitas.

O incremento da demanda levou consigo unha mellora tamén dos niveis de ocupación en todas as tipoloxías, superando no caso dos apartamentos turísticos en 7,2 puntos a cifra do pasado ano e nas pensións en 5,6 puntos porcentuais.

img1

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones