Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Turoña 2017 moviliza a un centenar de escolares polos lugares máis emblemáticos de Tomiño

Esta actividade lévase facendo xa dende hai 17 anos, e significa para os nenos e nenas participantes unha oportunidade tamén para relacionarse entre os diferentes colexios.

Esta actividade lévase facendo xa dende hai 17 anos, e significa para os nenos e nenas participantes unha oportunidade tamén para relacionarse entre os diferentes colexios.

Fecha: 09 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Nos colexios públicos de Tebra, Barrantes,  Sobrada,  Pintor A. Fernández e Pedro Caselles realizamos unha actividade conxunta denominada "Turonia" que consiste nun percorrido cos nosos alumnos por distintos lugares de Tomiño, para coñecer a súa historia e peculiaridades de cada recanto deste concello.

Esta actividade lévase facendo xa dende hai 17 anos, e significa para os nenos e nenas participantes unha oportunidade tamén para relacionarse entre os diferentes colexios.

Fanse saídas diferentes por cursos, e os de 6º (uns 100 alumnos) son os que realizan a grande Turonia, que dura dous días. Nesta ocasión poremos a atención especial na promoción do turismo rural polo Concello.

Esta saída de 6º, no presente curso, realizarase os días 8 e 9 de xuño, co seguinte percorrido:

Día 8:  Concentración no colexio Pedro Caselles  para saír en bus ao Monte Tetón (petróglifos), onde comezaremos coa visita aos xacementos arqueolóxicos. Dirixirémonos logo pola ladeira do monte cara San Salvador de Tebra, e no terreiro deste lugar faremos un descanso de merenda.  Logo continuaremos polo lado esquerdo do val cara Hospital, e nese lugar faremos o xantar, a cargo do CEIP de Barrantes. Pola tarde continuaremos ruta ata o Río da Pedra,  onde recibiremos a visita duns xinetes cos seus cabalos, que amosarán ao alumnado as habilidades ecuestres.    Logo pasaremos polas instalacións de VERALEZA, empresa adicada ao tratamento e distribución de flores e plantas ornamentais, para rematar no colexio Pedro Caselles, onde pernoctaremos.

Día 9:  Almorzo e saída pola senda do río Pego cara Vilachán,   e logo camiñamos l ata Estás,  onde tomarán  merenda. Dende alí seguirán a  Figueiró. Comida nesa parroquia. Pola tarde imos cara Goián transportados en bus,  ata chegar ao embarcadoiro para realizar unha actividade de piraguas coa colaboración de Os Teixugos. Alí rematará a actividade de Turonia e recolleranos os pais. 

Para poñer en marcha isto, precísase moito esforzo de organización e recursos económicos que faciliten a oferta da actividade aos alumnos:  comidas, material de traballo que levan, camisetas conmemorativas, persoas de apoio que veñen a dar charlas aos alumnos, etc.

Por tal motivo, a forma de conseguir realizar esta actividade pasa pola financiación conxunta entre os colexios, concello, anpas e comunidades de montes, así como outras entidades públicas ou privadas que puideran colaborar.

Así pois, o Concello de Tomiño colabora con nós de forma moi relevante, feito que agradecemos especialmente:

-Xestión diante dos servizos de Protección Civil para dispor dun apoio continuado durante as dúas xornadas.

-Xestión coa Policía Local para que en puntos perigosos nos que cruzar estradas de tráfico importante, realicen un control do mesmo que garanta a seguridade.

-Preparación e revisión das instalacións no colexio onde pernoctarán (Barrantes), para asegurar o bo funcionamento da auga quente, electricidade, etc.

-Transporte do material do alumnado (mochilas, sacos de durmir...) entre os colexios.

-Financiamento de  tres buses para o día 8, para transportar ao alumnado dende o CEP Pedro Caselles ata o Monte Tetón.

-Financiamento dun autobús para o día 10 pola tarde, para transporte do alumnado dende Figueiró ata o colexio de Goián.

-Xestión diante do club "Os Teixugos" para realizar a actividade de promoción do piragüismo no río.

-Calquera outra cuestión de carácter loxístico que se poida precisar por parte de persoal do Concello.

Participantes:

Os alumnos e alumnas de 6º curso dos cinco centros educativos. Completarán un número aproximado de 100 alumnos e alumnas.

 

Datas: 

8 e 9 de xuño

Plan:

 

 

 

Día 8, 8:45 horas

9:45

10:00

 

11:00

 

12:30

13:00

14:30

15:30

16:00

 

17:30

 

18:30

Concentración no CEP Pedro Caselles Beltrán.

Saída en autobús cara Monte Tetón onde iniciaremos o noso percorrido.

Marcha polo monte ata chegar ao xacemento principal deste lugar, onde recibirán unha charla sobre a súa existencia, importancia, e valor cultural e turístico.

Logo continuaremos camiñando  polo monte cara o Sur, pola ladeira Leste deste val de Tebra ata chegar a San Salvador de Tebra.

 Alí tomaremos unha merenda

Logo e continuaremos cara Hospital, lugar no que faremos a comida de mediodía.

Comida en Hospital

Pola tarde baixaremos o curso do río Cereixo ata o río de A Pedra, 

Aquí recibiremos unha visita  especial, con xinetes e cabalos que nos farán valorar ese mundo.

Máis tarde realizaremos visita ás instalacións de VERALEZA, empresa adicada á planta ornamental e flor, sector moi importante en Tomiño.

Logo iremos ao colexio, onde realizarán o aseo, con duchas, cea, e algunha actividade posterior.

 Pasarase no ximnasio a noite.

Día 10, 8:00 horas

9:00

10:00

10:30

12:30

13:00

14:00

15:30

16:00

18:00

Levantamos o “campamento”

Almorzamos

Saímos cara Estás.

 Neste percorrido pararemos no río para realizar unha experiencia de bioloxía.

En Estás  tomaremos un bocadillo de media mañá

Continuaremos cara Figueiró, ata o recinto de San Campio

Comida en San Campio.

Pola tarde transporte por grupos a Goián, no embarcadoiro do río.

Actividade de piragüismo no río, coa colaboración de Os Teixugos para tal fin.

Recollida dos pais nese lugar, logo da actividade. (a partir das 18:00 horas)

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones