Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O usuarios do centro de día de Tomiño fan coroas de Nadal para os comercios da vila

Participaron tamén nun lipdub realizado conxuntamente coa asociación para persoas con discapacidade -Vontade- e o Concello de Tomiño

Participaron tamén nun lipdub realizado conxuntamente coa asociación para persoas con discapacidade -Vontade- e o Concello de Tomiño, con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Fecha: 16 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Con motivo das festas de Nadal, o Servizo de Atención Diúrna do Concello de Tomiño integrado na rede pública do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, dependente da Consellaría de Política Social; en colaboración coa asociación de comerciantes de dita localidade (ADETO) realizou unha coroa de Nadal decorativa para cada establecemento adscrito á mesma.

As coroas, feitas a man e con materiais reciclables, foron creadas polos usuarios con apoio do persoal. Entre todos recompilaron o material necesario para crear os adornos, que van dende o papel de periódico que reciben todos os días no centro, ata retallos pequenos de tea que tiñan pola casa, pasando por restos de vides sobrantes da poda ou tapóns de botellas plásticas e cortizas.

 

Esta actividade enmárcase dentro da liña de traballo desenvolta durante este ano dende o centro, cos programas "Todos somos arte", "Tomiño ten historia" e agora outro relacionado co comercio.


A entrega dos traballos fíxose o venres 9 de decembro, cando un grupo de usuarios achegaron ás diferentes coroas de Nadal aos seus destinatarios, xunto con algúns membros de ADETO.

"Sen dúbida, e aínda que a actividade nos resultou dificultosa ás veces, tamén resultou ser moi entretida; de seguro que para o próximo ano argallamos outro proxecto que nos motive tanto coma este", explica Marta Moure Vicente, educadora social, asegurando que tanto para o equipo como para os usuarios, foi moi gratificante facer esta actividade.

Por outra banda, o día 5 de decembro os usuarios do centro participaron nun lipdub realizado conxuntamente coa asociación para persoas con discapacidade "Vontade" e o Concello de Tomiño, con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade Para conseguilo foi necesario ensaiar toda a semana cunha profesora de zumba, que lles preparou un baile que puideran levar a cabo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones