Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O VAL DE TEBRA DESCUBRE O SEU RICO PATRIMONIO MEDIEVAL

O val de Tebra, en Tomiño, descubriu este sábado, 1 de agosto, o seu rico patrimonio medieval nun evento cultural e lúdico no que participaron un trintena de persoas procedentes do Baixo Miño, Val Miñor, Santiago, A Coruña ou Monforte.

O val de Tebra, en Tomiño, descubriu este sábado, 1 de agosto, o seu rico patrimonio medieval nun evento cultural e lúdico no que participaron un trintena de persoas procedentes do Baixo Miño, Val Miñor, Santiago, A Coruña ou Monforte.

Fecha: 04 de Agosto de 2015

Fuente: Roteiro Medievaldetebra

Unha trintena de persoas participaron no "I roteiro MedieVal de Tebra" que visitou igrexas románicas, castelos e pontes medievais. A xornada rematou cun concerto de laúde de Diego Rojo e degustación de cervexa artesá, empanada e filloas á pedra.

O val de Tebra, en Tomiño, descubriu este sábado, 1 de agosto, o seu rico patrimonio medieval nun evento cultural e lúdico no que participaron un trintena de persoas procedentes do Baixo Miño, Val Miñor, Santiago, A Coruña ou Monforte. A través do "I Roteiro MedieVal de Tebra", de pouco máis de 20 quilómetros, os participantes puideron descubrir as ruínas dos seus castelos medievais, os misterios das súas igrexas ou as fermosas pontes medievais que conserva a zona. A xornada rematou, ademais, cun concerto de laúde con pezas renacentistas a cargo do músico Diego Rojo e degustación de cervexa artesá Lenda, de Tomiño, e filloas á pedra.

O roteiro comezou pasadas as 10.00 horas da Taberna Val de Tebra, no Campo da Festa de San Salvador de Tebra e rematou no mesmo lugar ás 20.00 horas. Durante o camiño houbo numerosas paradas nas que os asistentes coñeceron as ruínas dos castelos medievais do Alto da Crus e O Castro, a torre de Tebra, do século XVI, as igrexas de San Salvador e Santa María, do século XII, a igrexa abandonada de San Tomé, do XV, a ponte medieval do Hospital ou as paraxes naturais dos muíños do porto ou as pozas do río Cereixo.

Durante todo o traxecto, distintas persoas de Tomiño, entre elas, o novo cura-párroco de Tebra, que colaborou gustosamente nesta iniciativa, explicaron a historia dos bens visitados e a súa conexión con outros feitos históricos acontecidos na comarca, especialmente, os relacionados coa vida de Pedro Álvarez de Sotomaior, máis coñecido, como Pedro Madruga, que tamén foi señor de Tebra.

A visita tamén contou cunha parada nos muíños do Porto, onde un veciño da Asociación Muiños do Porto de Vilameán, Manolo Calzado, puxo andar un dos muíños e explicou, in situ, o seu funcionamento mentres moía millo e trigo.

A visita rematou cun concerto de laúde e interpretación de pezas renacentistas a cargo do músico Diego Rojo, e degustación gratis de cervexa artesá Lenda, da man de David de Tomiño, empanada do Val de Tebra e de filloas á Pedra do Paco.

Neste acción colaboraron o bar a Taberna, o xornal dixital Galicia Confidencial, o Concello de Tomiño, a Cervexa artesá Lenda, a Comunidade de Montes de Santa María de Tebra e Filloas á Pedra.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones