Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O VAL DE TEBRA MERGÚLLASE NA HISTORIA E MÚSICA MEDIEVAL

O val de Tebra vivirá o vindeiro sábado, 1 de agosto, un evento cultural e lúdico para dar a coñecer o seu rico patrimonio medieval.

O val de Tebra vivirá o vindeiro sábado, 1 de agosto, un evento cultural e lúdico para dar a coñecer o seu rico patrimonio medieval.

Fecha: 01 de Agosto de 2015

Fuente: Roteiro Medievaldetebra

Un roteiro descubrirá os castelos, as igrexas e as pontes medievais que conserva esta zona de Tomiño. A xornada rematará cun concerto de laúde e degustación de cervexa artesá, empanada e filloas á pedra.

O val de Tebra vivirá o vindeiro sábado, 1 de agosto, un evento cultural e lúdico para dar a coñecer o seu rico patrimonio medieval. O seu obxectivo é descubrir as ruínas dos seus castelos medievais, os misterios das súas igrexas ou as fermosas pontes medievais que conserva a zona. A xornada rematará cun concerto de laúde con pezas renacentistas a cargo do músico Diego Rojo e degustación de cervexa artesá e filloas á pedra.

Todos os amantes do patrimonio e da natureza teñen unha cita o sábado 1 de agosto coa historia do Val de Tebra, en Tomiño. As 10.00 iniciará, desde a Taberna Val de Tebra, no Campo da Festa de San Salvador de Tebra, o "I Roteiro MedieVal de Tebra", que visitará todos os lugares emblemáticos e con pasado medieval deste rico val.

A visita comezará e rematará na igrexa de San Salvador. Os asistentes poderán visitar, ao longo de todo o día e nun percorrido de preto de 25 quilómetros, as ruínas dos castelos do Alto da Crus e O Castro, a torre de Tebra, do século XV, as igrexas de San Salvador e Santa María, do século XII, a igrexa abandonada de San Tomé, do XV, a ponte medieval do Hospital ou as paraxes naturais dos muíños do porto ou as pozas do río Cereixo.

Durante todo o traxecto, distintas persoas, entre elas, Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial, explicarán a historia dos bens visitados e a súa conexión con outros feitos históricos acontecidos na comarca.

A visita rematará cun concerto de laúde e interpretación de pezas renacentistas a cargo do músico Diego Rojo que terá lugar en torno ás 20.00 horas na Taberna Val de Tebra, de San Salvador de Tebra. Ademais, para os participantes haberá unha degustación gratis de cervexa Lenda, empanada e de filloas á Pedra. Os interesados en participar poden remitir un correo electrónico a roteiromedievaldetebra@gmail.com

Neste acción colaboran a Taberna Val de Tebra, o Xornal dixital Galicia Confidencial, o Concello de Tomiño, a Cervexa artesá Lenda, a Comunidade de Montes de Santa María de Tebra e Filloas á Pedra.

Diego Rojo

Diego Rojo Garrido é un laudista natural de Malpica de Bergantiños. E cofundador do Herbens Consort e formouse musicalmente entre Santiago, Salamanca e Porto. Ten tocado en conxuntos instrumentais, como acompañante, así como solista, en diversos ciclos e festivais de música antiga da península.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones