Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O -Verán cultural de Tomiño: O Son da Praza- continúa esta fin de semana

A programación das actividades culturais, entre as que destacan o cine, a música tradicional, a pintura ou a artesanía

A programación das actividades culturais, entre as que destacan o cine, a música tradicional, a pintura ou a artesanía

Fecha: 22 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño albergará no núcleo urbano do Seixo actividades culturais de diferente índole ao longo dos meses de xullo e agosto. Así, tódolos venres de xullo os veciños e veciñas poderán desfrutar á noitiña da proxección de películas de animación ao aire libre, combinando deste xeito o lecer e a vida familiar agora que rematou o curso escolar. O "Cine na rúa", que se celebra como anos anteriores nas prazas do Seixo e da Mina, é unha das actividades estrela desta programación, e cada ano acada un alto número de participantes, entre os que cabe destacar os máis pequenos e pequenas da familia.
 
O día 22 de xullo terá lugar outra agrupación musical ao abeiro do "XXIV Encontro dos Pobos", na que participarán os grupos Harruckem, de Hungría; Do Lusco ó Fusco, da Guarda; e a Virxe do Alivio, de Tomiño.

O remate do mes de xullo virá da man da actuación do famoso e celebre grupo Treixadura, co seu concerto "Vendimia tarda". O Concello de Tomiño fixo un importante esforzo xunto coa Deputación de Pontevedra para poder contar con esta coñecida agrupación galega. "O que queremos é que a os veciños e veciñas se reúnan na súa praza, no seu Concello, e desfruten da cultura dunha forma gratuíta e pública" declara Cristina Martínez, a Concelleira de Cultura do Concello de Tomiño.
O verán cultural que o Concello de Tomiño promove este ano continuará cun programa cargado de actividades tamén no mes de agosto. Venres 11 e sábado 12 os tomiñeses e tomiñesas do Concello desfrutarán dos concertos de "Blues do País" e "Acevedos Delgados" respectivamente. Para rematar o estío, o cuarto venres de agosto terá lugar o concerto "A outra margem do Miño" ofrecido pola Banda de Goián e Ana Lains, nunha fusión galaico-portuguesa moi atractiva, e o sábado 26 o grupo "Roots 4 Clarinets" pechará a programación de verán.
Complementando todas as actividades da programación do verán, levaranse a cabo no Mercado de Tomiño dúas exposicións relacionadas coa pintura e a escultura. A exposición de cerámica e artesanía "A terra transformada en arte" do 1 ao 15 de xullo, e a exposición das obras dos participantes no "V Certame de pintura Antonio Fernández" entre o 22 e o 31 de agosto.

Con esta programación Tomiño volve a apostar pola cultura para todos e todas, non como un privilexio senón como un dereito da cidadanía, fomentando ademais a posta en valor da música e cultura tradicionais e o intercambio e mestizaxe cultural con outras culturas como ferramenta de aprendizaxe e enriquecemento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones