Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

¿O viveirismo como principal sector económico da Guarda, O Rosal e Tomiño?

Tomiño, O Rosal e A Guarda ?estudan- o sector do viveirismo, para convertelo na principal fonte de recursos das súas economías

O diagnóstico e plan estratéxico elaborado con axuda de expertos e dos propios viveiristas, foi presentado onte en Tomiño, ante os alcaldes e empresas da comarca

Fecha: 08 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Os Concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño traballaron de forma conxunta, coa colaboración de ICSEM SL (Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa), na Diagnose e na elaboración dun Plan Estratéxico e Operativo do Sector do Viveirismo, que determine as liñas de traballo a desenvolver coa fin de resolver puntos críticos do sector na busca da mellora de súa competitividade. Estes estudios foron presentados esta semana, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, ante os alcaldes dos tres municipios promotores; membros de acuBam (Asociación de Viveiros do Baixo Miño), e outras empresas afíns.

O obxectivo do estudo é "impulsar o crecemento sostible e viable do sector, como estratexia de desenvolvemento local, social, económico e ambiental", co fin último de mellorar a calidade de vida dos traballadores do sector. Un sector que conta con 140 empregados en empresas de planta ornamental e 70 de flor cortada (80% deles mulleres).

O documento, acordado e elaborado con apoio moi representativo das empresas que integran a cadea de valor dos sectores produtivos da planta e flor cortada da comarca, parte dunha diagnose pormenorizada das condicións nas que se atopa o sector, analizando situación económica, recursos materiais, loxísticos e humanos; sistema de traballo, produción, venta e distribución, perspectivas de crecemento e expansión, etc.

Na realización do plan participaron máis de 20 produtores dos tres concellos implicados no proxecto, cunha superficie cultivada dunhas 100 hectáreas, no caso da planta ornamental, e 7,5 ha. no da flor cortada.

Entre as debilidades atopadas, destaca o escaso investimento en temas de investigación aplicada ao sector; baixo nivel de profesionalización nos viveiros de menor tamaño, localización xeográfica illada e baixo nivel de innovación tecnolóxica.
No sector da flor, percibiuse tamén escasa colaboración a nivel produtivo e de comercialización, produto altamente perecedoiro, dependencia de pequenos produtores, baixa formación en xestión e comercio exterior.

As fortalezas detectadas veñen caracterizadas pola existencia dunha comercializadora de planta ornamental que agrupa o 70% da produción total da comarca; o asociacionismo representado por ACUBAM; a Mostra de Cultivos xa consolidada e a actitude dos produtores cara á formación e ao coñecemento das tendencias de mercado e consumo.

Por último, entre as principais ameazas, atópanse, segundo o diagnóstico do sector, o pouco atractivo que este ten para a poboación moza dos concellos, que percibe negativamente traballar en viveiros e a existencia de produtos procedentes de Portugal, con prezos máis competitivos.

O Plan Estratéxico e Operativo, en base ás debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, determina as accións a emprender, a curto-medio prazo, as cales teñen que ver, fundamentalmente, cunha maior profesionalización do sector, unha competitividade baseada na innovación; unha maior colaboración sectorial e un posicionamento no mercado como sector produtivo innovador, sostible e responsable, nos planos social, económico e medioambiental.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones