Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño arranca en Fitur 2019 o seu Plan Estratéxico de Turismo

Alcaldes e alcaldesas representantes dos municipios integrados no Xeodestino deron este xoves 24 de xaneiro os primeiros pasos cunha reunión de traballo no stand de Galicia na feira celebrada en Madrid.

O obxectivo é que o Xeodestino poida presentar en Fitur 2020 produtos comercializables que xurdan do propio Plan Estratéxico de Turismo.

Fecha: 26 de Enero de 2019

Fuente: Eu Rural

Os alcaldes e alcaldesas dos municipios integrados no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño reuníronse este xoves 24 de xaneiro no stand de Galicia na Feria Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2019, para dar o pistoletazo de saída e comezar a creación dun Plan Estratéxico de Turismo que definirá as liñas mestras coas que todos os municipios implicados (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui) buscarán a atracción de visitantes nos próximos exercicios. A realización desta acción conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

O obxectivo final do Plan é mellorar a competitividade turística do xeodestino Ría de Vigo - Baixo Miño desenvolvendo produtos turísticos comercializables. Todos estes productos terán como base os recursos turísticos do patrimonio, da cultura e de espazos naturais e paisaxísticos, así como de elementos identitarios e de tradición. Igualmente contarase cos axentes do sector para a súa posta en marcha en diversos mercados.

Varios son os retos aos que se enfronta o xeodestino: a mellora na experiencia turística do visitante, a sustentabilidade omnipresente no sector turístico, a mellora na comercialización de produtos tanto en mercados nacionais como internacionais, a promoción dunha oferta de calidade, etc...

 

O plan contará cun apartado específico de comunicación e, entre outras accións, crearase unha web específica. Será nesta web onde se facilite o proceso de participación para que calquera profesional ou a propia cidadanía poidan deixar as súas achegas.


Dos produtos turísticos comercializables que resulten do Plan seleccionarase un deles para a súa posta en funcionamento e investirase para a comercialización neste exercicio 2019 en colaboración coa iniciativa privada.


A finalidade última do Plan será a definición de prioridades para o investimento de recursos que poidan conseguir o xeodestino nos próximos exercicios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones