Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O XERENTE DO CONSORCIO DE BENESTAR VISITOU A NOVA ESCOLA INFANTIL DE GOIÁN (TOMIÑO)

A nova escola infantil, que significou un investimento de máis de 600.000 euros, contará con 61 prazas que se suman ás 40 existentes no Seixo

A nova escola infantil, que significou un investimento de máis de 600.000 euros, contará con 61 prazas que se suman ás 40 existentes no Seixo

Fecha: 23 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou as instalacións da nova escola infantil de Goián, así coma as obras de urbanización do entorno.

A nova escola infantil de Goián, situada na antiga casa do médico, rematou as obras de reforma e ampliación do inmoble no pasado outono. Estes días están ultimándose detalles da urbanización do entorno.

O xerente do consorcio galego estivo acompañado na súa visita pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o deputado provincial Uxío Benítez, veciño de Goián, e os concelleiros de Servizos Sociais e Medio Rural, ademais do equipo técnico responsable das obras.
O arquitecto Julio Rodríguez foi o encargado de dirixir a visita guiada polo edificio, duns 500 m2 e situado na antiga casa médica, onde agora se atopan os despachos administrativos e salas para os docentes. Anexas á casa, construíronse catro aulas (unha para cada unidade) dotadas de gran luminosidade; unha delas de usos múltiples que servirá tamén de comedor, xa que conta cun office-cociña para recibir e procesar as comidas do catering.
No centro está situado o patio interno con zona de xogos e horta.

As obras tiveron un orzamento de 610.000 euros, achegando o Concello o 40% da suma, ademais de ceder os terreos e a antiga casa médica de Goián.

A nova escola infantil, que empezará a funcionar en setembro, está dotada xa de todo o mobiliario necesario e vén a completar a oferta educativa pública para os máis miúdos, que a partir de agora terán á súa disposición máis de 100 prazas, xa que ao novo centro poderán asistir 61 nenos e nenas de 0 a 3 anos, que virán a sumarse aos máis de 40 que asisten na actualidade á Escola Infantil do Seixo.

Perfecto Rodríguez interesouse por todos os detalles da nova instalación, debatendo cos responsables municipais diferentes aspectos do mantemento do centro. Asemade, informou que aínda non se coñece o número exacto de solicitudes de praza para a nova escola, pois o prazo permanece aberto ata o día 25 deste mes, pero adiantou que a escola do Seixo ten unha lista de agarda de máis de 20 nenos/as, polo que se espera que a demanda sexa grande, tendo en conta que Tomiño conta cunha poboación infantil (0 a 3 anos)superior a 400 habitantes.

A alcaldesa Sandra González agradeceu a visita do xerente, lembrándolle o compromiso do seu grupo de goberno coa educación, unha das prioridades da presente lexislatura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones