Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O xurado do concurso para a nova ponte peonil sobre o Miño visita este venres as beiras de Tomiño e Cerveira

O deputado Uxío Benítez explica que o convite permitirá visualizar -in situ- como encaixarían as propostas presentadas na realidade

O deputado Uxío Benítez explica que o convite permitirá visualizar -in situ- como encaixarían as propostas presentadas na realidade

Fecha: 19 de Enero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O xurado cualificador e o comité técnico asesor do concurso de ideas para a nova ponte peonil sobre o Miño trasladaranse este venres a Tomiño e Vilanova de Cerveira para visitar o treito do río no que se instalará o futuro viaduto e contrastar na realidade como encaixarían as propostas presentadas. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez destacou a singularidade dunha contorna na que conflúen elementos naturais e patrimoniais como a Fortaleza de Goián ou parque do Castelinho, e instou aos membros da comisión de valoración que sexan "sensibles á personalidade do espazo".

"Pretendemos crear o primeiro europarque transfronteirizo da Península Ibérica. Para nós a ponte é algo máis que unha infraestrutura en si: é a ferramenta para unir dous países nun único espazo conxunto", explicou o nacionalista. O encontro, organizado polo Concello de Tomiño e a Câmara de Cerveira, incluirá o cruce en barco do río -se a climatoloxía o permite- para dispoñer de todas as perspectivas posibles de cada un dos 24 deseños que están a ser valorados. Despois haberá unha comida de ‘confraternidade' entre membros das entidades lusas e galegas.

Unha vez o xurado teña feitos todos os seus apuntamentos ‘in situ' sobre o espazo, os membros do comité deberán analizar de forma particular cada proposta para, o 1 de febreiro, poñer en común as súas aportacións e puntuar de xeito oficial cada proposta. Nesa nova reunión elixiranse os tres mellores candidatos para o deseño final e un de reserva.


A redacción do deseño da nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño está encadrada no proxecto VISIT_RIO_MINHO, que foi presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A, nunha candidatura conxunta liderada pola Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, e cos concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolóxico do Mar e a Universidade de Vigo. O proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER, cun orzamento total aprobado de dous millóns de euros e unha achega da Unión Europea que ascende a 1.500.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones