Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O xurado do programa -Vilas en flor- visita Tomiño para coñecer os avances en temas paisaxísticos e medioambientais

Tras a recepción no Concello, amosóuselle novas zonas verdes e peonís recuperadas

Tras a recepción no Concello, amosóuselle novas zonas verdes e peonís recuperadas

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Manuel Torres e Xurxo González, dous membros do xurado do programa “Vilas en flor”, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), visitaron novamente Tomiño (onte pola tarde), co fin de coñecer os espazos verdes de valor ambiental e paisaxístico recentemente recuperados, coma por exemplo, as novas zonas peonís arredor da Praza do Seixo, e varias melloras de axardinamento en diferentes espazos do municipio.

 

Acompañados polos concelleiros de Obras, Alexandre Pérez, e de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, e do técnico da Eurocidade (Xabier Macías), os membros do xurado visitaron, en primeiro lugar, as obras de recuperación do espazo urbano para a cidadanía, levadas a cabo nas rúas A Guarda, República Arxentina, Colón, etc. pechadas ao tráfico dende hai uns meses. As melloras verdes das contornas de equipamentos coma o Centro de Día, o Auditorio de Goián, Unión del Porvenir (Piñeiro), etc., foron outros lugares visitados.

 

Asemade, amosóuselles diferentes espazos verdes e proxectos medio ambientais do municipio, comezando pola transformación do núcleo urbano do Seixo, axardinamento de rotondas e outras superficies; dando conta tamén da importancia estratéxica do sector agrícola e viveirista na economía da vila.

 

Previamente ao percorrido, celebrouse unha reunión no Concello, na que se intercambiaron datos sobre as intervencións realizadas no 2020, cun incremento de máis do 50% de zonas verdes, con respecto ao 2019 (pasándose de 26.246 m2 a 40.967 m2), e unha plantación de máis de 300 árbores novas, cun investimento de máis de 45.000 euros.

 

Os visitantes repasaron os criterios que aplica o xurado á hora de valorar as actuacións dos concellos; entre eles, a creación e mantemento de zonas verdes, número de persoas adicadas a esta labor; promoción destas zonas a través das páxinas web municipais; sistemas de recollida de augas pluviais e rego; medidas de aforro enerxético e uso de biomasa e outras enerxías renovables; fomento da compostaxe e recollida selectiva de lixo, etc.

 

“Vilas en Flor” é unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes, que chega este ano á súa terceira edición. O programa anual, xurdido en 2018, ten o apoio da Xunta de Galicia, pretende por en valor a mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a xestión sostible dos mesmos e a concienciación cidadá no coidado do medio ambiente.

Tomiño foi distinguida coma ‘Vila en Flor 2019’, con dúas Flores de Honra, “polo seu traballo na mellora do espazo verde urbano”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí