Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Obradoiro de relacións afectivo-sexuais para a mocidade de Tomiño

A actividade será impartida por profesionais da empresa -IGUALADAS- no mes de xullo, pero é preciso inscribirse previamente

A actividade será impartida por profesionais da empresa -IGUALADAS- no mes de xullo, pero é preciso inscribirse previamente

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), o obradoiro "Así si: relacións afectivo-sexuais sans", dirixido á mocidade adulta e á adolescencia.

 

A actividade será impartida por profesionais da empresa "IGUALADAS" no mes de xullo, pero é preciso inscribirse previamente, a través da páxina web do Concello (https://tomino.gal/asi-si-obradoiro-sobre-relacions-afectivo-sexuais-sans).

 

Entre os obxectivos principais da actividade figuran os de replantexarse (e rachar con eles) os estereotipos e roles de xénero; valorar as novas masculinidades e as diferentes formas do feminino; rexeitar a cosificación e hipersexualización dos corpos femininos, desmitificar crenzas erróneas sobre sexualidade; identificar relacións baseadas en desigualdades e comportamentos abusivos e sumisos. Tamén concienciar sobre as prácticas sexuais de risco e das ETS (enfermidades de transmisión sexual); fomentar as relacións afectivas baseadas na igualdade e nos respecto mutuo e fomentar a tolerancia á diversidade.

 

"Cremos que a nosa obriga, coma institución pública é contribuir a mellorar a vida das persoas; as diferenzas fannos únicas e a diversidade é un valor que suma. A este obradoiro serán benvidas todas as mozas e mozos con ganas de formarse e informarse para desfrutar das súas relacións afectivo sexuais dun xeito san", explican dende a OMIX Tomiño.

 

O obradoiro terá lugar no salón de plenos do Concello de Tomiño, os días 6, 7 e 8 de xullo, en horario de mañá (de 10.30h a 13.30h).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí