Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia e O Rosal entre os primeiros municipios en recibir recursos da liña 3 do Plan Concellos 2018

O goberno de Carmela Silva destina 1,3 millóns de euros a nove concellos para a contratación de 135 persoas

O goberno de Carmela Silva destina 1,3 millóns de euros a nove concellos para a contratación de 135 persoas

Fecha: 29 de Enero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a primeira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do "Plan Concellos 2018". Así, Cuntis, Mondariz-Balneario, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa son os primeiros municipios en recibir recursos da liña 3 do "Plan Concellos 2018".

O goberno de Carmela Silva aprobou destinar a estes nove concellos 1.292.184,22 euros para a contratación de 135 persoas para desempeñar diferentes tarefas nas dependencias municipais. Máis polo miúdo, Cuntis, con 122.623,27 euros vai contratar a 12 persoas para tarefas relacionadas co asfaltado, condución de retroescavadora, enxeñería técnica agrónoma, protección civil, albanelería e turismo.

O concello de Mondariz-Balneario, con 56.143,56 euros vai contratar a 12 persoas que desenvolverán tarefas de construción e forestais. Pola súa banda, o concello de Oia recibirá 99.899,44 euros para a contratación de 9 persoas para a recollida do lixo, manexo de maquinaria forestal e retroescavadora, así como para tarefas de albanelería e forestais.

O Rosal recibirá da Deputación 127.360,83 euros para a contratación de 15 persoas para o desempeño de obras para a revalorización de espazos públicos, para actuacións en materia de electricidade, limpeza e recollida do lixo, tarefas forestais e axuda no fogar. En canto a Salceda de Caselas, as achegas da institución provincial son de 146.997 euros para a contratación de 9 persoas que desenvolverán tarefas de recollida do lixo, orientación laboral, albanelería, limpeza, animación sociocultural e administración.

Pola súa banda, o concello de Salvaterra de Miño, con 165.010,80 euros poderá contratar a 22 persoas para traballar na recollida do lixo e limpeza, para a información turística, fontanería, animación sociocultural, condución, cobro, construción e albanelería así como para a práctica deportiva.

No caso de Vila de Cruces, o goberno de Carmela Silva aprobou destinar 140.497,40 euros para a contratación de 10 persoas para desempeñar tarefas relacionadas coa albanelería e obras, forestais e xardinería, administración e conserxería. Vilaboa, pola súa parte, recibirá 114.382,21 euros para contratar a 10 persoas para desenvolver tarefas forestais, obras públicas e albanelería, condución e carpintería, pintura e limpeza.

Amais, a Deputación de Pontevedra tamén destinará 319.269,71 euros para o concello de Vilagarcía de Arousa para a contratación de 36 persoas para desenvolver tarefas de administración, animación deportiva, albanelería, forestais, pintura, instalacións eléctricas, carpintería, fontanería, soldador/a, conservación de parques urbanos e xardíns, sepultureiro/a e axudantes de mantemento de instalacións deportivas.

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017. Coas achegas aprobadas esta mañá en Xunta de Goberno para os concellos de Cuntis, Mondariz-Balneario, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, está distribuída o 13,54% da liña 3.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí