Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia e O Rosal recibirán 46.500 euros para contratar desempregados

A Administración autonómica financia o 100% dos custes salariais totais con contías que, segundo o grupo de cotización, poderán alcanzar os 20.250 euros

Aprol Rural incentiva a contratación de 500 desempregados en toda Galicia en concellos do rural de menos de 10.000 habitantes

Fecha: 29 de Noviembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou a resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que dous concellos da comarca do Baixo Miño de menos de 10.000 habitantes poderán contratar a desempregados durante 9 meses a tempo completo.

O delegado territorial explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver as axudas do programa Aprol Rural. A actuación, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, ten como principal obxectivo incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia.

Deste xeito, na Comarca do Baixo Miño, os concellos de Oia e O Rosal recibirán unha axuda de 46.500 euros, o que lles permitirá contratar a un total de 4 traballadores, dous en cada municipio, durante 9 meses a tempo completo.

O Goberno galego apoiará con 5 millóns de euros a contratación de 425 persoas sen emprego en 219 concellos do rural con menos de 10.000 habitantes. A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver as axudas do programa Aprol Rural, das que se informa hoxe no Consello da Xunta. A actuación, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, ten como principal obxectivo incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia.

Na convocatoria deste ano a Xunta introduce melloras con respecto a 2016, cando se puxo por primeira vez en marcha este programa. Así, increméntase de 6 a 9 meses a duración dos contratos e do 80% ao 100% o financiamento dos custes salariais totais.

Tal e como explicou o delegado territorial, as contías por cada traballador contratado poderán alcanzar os 20.250 euros, segundo o grupo de cotización do que se trate. "Terán preferencia nas contratacións os colectivos prioritarios en todas as políticas activas de emprego que desenvolve o Goberno galego, como son as mulleres, os menores de 30 anos, as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e aquelas persoas pertencentes a unha unidade familiar con todos os seus membros en paro", engadiu Cores Tourís. Os traballadores e traballadoras a contratar deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Aprol Rural integrouse no programa Formación e emprendemento no rural que este ano activou a Consellería de Economía, Emprego e Industria con 30 millóns para fixar poboación nas zonas menos habitadas de Galicia. A iniciativa busca incentivar a contratación nestas localidades, incrementar a oferta formativa no rural adaptada á demanda das empresas e aumentar os niveis de emprendemento e de creación de empresas con medidas xa postas en marcha como Formación á porta ou a liña de axudas Galicia Emprende Rural.

Esta iniciativa se enmarca na Axenda 20 para o Emprego coa que se está a impulsar a calidade e estabilidade no mercado laboral ata 2020. A planificación do Goberno galego en materia laboral pretende a creación de polo menos 80.000 novos empregos e reducir a taxa de paro ata o 10%.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones