Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia e Tomiño recibirán 8.584,73 euros das axudas para normalización e dinamización lingüística

Na comarca do Baixo Miño as axudas suman 8.584,73 euros.

Na comarca do Baixo Miño as axudas suman 8.584,73 euros.

Fecha: 05 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando aos 36 concellos e á Entidade Local Menor de Bembrive a aprobación das súas solicitudes ao abeiro da liña de axudas para dinamización lingüística. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi convocada este ano por primeira vez desde o ente provincial e contemplaba dúas opcións, ou ben a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua.

A maioría das entidades solicitantes optaron polos programas de dinamización da lingua, un total de 30, mentres que 7 solicitaron axuda para o servizo de normalización. En total, esta liña de axudas, distribuirá 150.000 euros entre todos os concellos e a entidade local menor cuxas solicitudes foron aprobadas. Esta liña de subvencións ía dirixida a concellos, agrupacións de concellos ou entidades locais menores da provincia de Pontevedra, ata un máximo de 50.000 habitantes.

Distribución por comarcas

Na comarca de Vigo foron aprobadas axudas por un importe total de 30.033,24 euros. A Entidade Local Menor de Bembrive solicitou a realización dun programa de dinamización da lingua que inclúe cantos, contacontos, lecturas e obradoiros; o Concello de Mos realizou a solicitude para levar a cabo un programa con teatro, cine e monólogos; o Concello de Pazos de Borbén para a Semana da Tradición Oral; o Concello de Baiona para o programa 'Oiabai-Galego' que inclúe un obradoiro de poesía e un ciclo de monólogos; e Soutomaior para un programa de contacontos. Pola súa banda, os concellos de Nigrán e Gondomar solicitaron para cadanseu servizo de normalización lingüística.

Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 28.930,82 euros. Os concellos de Vilagarcía e do Grove solicitaron para os servizos de normalización lingüística. Mentres, o Concello de Vilanova solicitou para o programa 'Os camiños da lingua'; o Concello de Cambados para un programa chamado 'Diver-Diversidade en Cambados' previsto para setembro e que inclúe un congreso, teatro, música e contacontos ao redor da lingua; e o Concello de Ribadumia para 'Ribadumia en galego: aplicación nas novas tecnoloxías'.

Na comarca do Condado-Paradanta as axudas suman o total de 22.012,43 euros. Os concellos que solicitaron para servizo de normalización lingüística foron o da Cañiza e Ponteareas. O Concello de Covelo solicitou para o 'Proxecto Caligrama: poesía para nenos'; o de Mondariz para un programa de actuacións musicais e material sobre o patrimonio cultural; mentres que As Neves solicitou para o programa 'Lecer en Galego' que inclúe obradoiros específicos segundo franxas de idade e conferencias divulgativas.

Na comarca de Deza-Tabeirós o importe concedido ascende a 19.720,87 euros. Vila de Cruces solicitou para un programa de sinalización adaptada á toponimia; Lalín para os programas 'Lalín le', 'Verán en galego', 'A praza ten vida en galego' e para o Certame de Narracións breves Modesto R. Figueirido; Silleda para os programas 'Medrando en galego' e 'Lusco Fusco'; A Estrada para os programas 'Mocidade en galego. O galego en partida', 'A Estrada nas Letras' e a Campaña de galeguización de empresas e comercio; e Cerdedo para o programa 'Todo o Ano en galego'.

Na comarca do Morrazo as axudas suman 18.932,12 euros. O Concello de Moaña solicitou para o servizo de normalización lingüística. Cangas para un programa de actividades medioambientais e roteiros, para a edición de artigos sobre a historia local e para os premios de investigación; Bueu para o programa 'Comercio en clave galega'; e Marín para os Premios de narración curta para escolares e para o Certame literario 'Resfréscate cos libros'.

Na comarca de Caldas o importe total das solicitudes concedidas suma 11.352,08 euros. Pontecesures solicitou para o I Premio Xornalístico 'Raimnudo García Domínguez-Borobó', que convoca con motivo do centenario do nacemento do escritor e xornalista; Valga para campañas de promoción da lingua que inclúen festas, unha carreira e o Premio de investigación Xesús Ferro Couselo; e Cuntis para a I Festa das Letras.

Na comarca de Pontevedra o total das axudas ascende a 10.431,68 euros. Barro solicitou para o programa de dinamización 'Dándolle á lingua' que inclúe obradoiros de teatro e contadores de historias e unha actuación poética; Campo Lameiro solicitou para un programa de dinamización composto por actividades dirixidas á terceira idade, con obradoiros da cultura popular, teatro, expresión corporal e lingüística; Poio para actos no marco do Día das Letras Galegas, concursos literarios e carreira popular polas linguas; Ponte Caldelas para a edición dunha revista e a difusión da lingua no eido do comercio local; e Cotobade para un programa denominado 'Musical en galego'.

Na comarca do Baixo Miño as axudas suman 8.584,73 euros. Foron dous os concellos solicitantes: Oia que solicitou axuda para difundir os atractivos do concello entre os máis pequenos a través dun libro dos Bolechas; e Tomiño que presentou un programa de dinamización da lingua que inclúe o libro 'As andainas de Paio', un acción de dobraxe na escola e accións de recuperación da cultura, da arte e das tradicións populares.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones