Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia, Tui e Tomiño contarán con 51 novos contedores de envases e papel-cartón para incrementar as taxas de reciclaxe

Estas axudas enmárcanse dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes co fin de incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que varios concellos da provincia recibirán case 142.000 euros para a adquisición de preto de 550 contedores

Fecha: 08 de Noviembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que tres concellos do Baixo Miño recibirán en próximas datas un total de 12.450 euros para a adquisición 51 novos contedores de envases (amarelo) e papel-cartón (azul), co fin de incrementar as súas taxas de reciclaxe no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.

Esta liña de actuación conta cun orzamento de 700.000 euros para a comunidade galega completando así a actual rede de colectores que xa existe, con máis de 30.000 de envases lixeiros e máis de 12.000 de papel-cartón, polo que se incrementa o parque de contedores nun 6% e un 4%, respectivamente.

No caso do Baixo Miño, beneficiaranse desta iniciativa os concellos de Tui, que recibirá 3.850 euros que permitirá a compra de 10 contedores amarelos e 3 azuis; o concello de Tomiño, que contará con 3.800 euros para a compra de 20 contedores amarelos, e o concello de Oia, que recibirá 4.800 euros para a compra de 15 contedores amarelos e 3 azuis.

Ademais, o delegado territorial recordou que tamén se está a traballar dende a Xunta de Galicia na promoción da cultura do reciclaxe. E neste senso, outra das medidas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra será o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalería, restauración e catering realicen unha separación de envases en orixe.

O fomento da reciclaxe tamén se levará a aqueles lugares nos que hai que ser máis coidadosos: os parques naturais. Promoverase a colocación, ou se substituirá aquela que se atope deteriorada, de carteis e distintivos como é o caso do Monte Aloia. Unha iniciativa que comezará de xeito inmediato, en novembro, e que será realizada por unha empresa de inserción social.

Cores Tourís recordou que "Galicia está dando pasos avanzados e importantes para implantar dun xeito real e efectivo a economía circular, que terá unha cita decisiva a finais de novembro coa celebración do Congreso de Economía Circular dirixido ao sector empresarial".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones